Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vitae móstranos nun novo curso como mellorar as comunicacións nos equipos TI
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vitae móstranos nun novo curso como mellorar as comunicacións nos equipos TI

S. P.
Publicado: 18/04/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

comunicacion_empresa_equipo_computadores_tecnoloxica.jpgVitae Consultores vai organizar este mes de maio unha actividade formativa de gran interese para os profesionais do sector das novas tecnoloxías que queiran contribuír a optimizar as relacións, a coordinación e o diálogo na súa empresa ou no seu grupo de traballo (e tamén con outras empresas e outros grupos de traballo). Trátase do curso Habilidades de Comunicación para Equipos TI, de nove horas de formación, que se celebra os días 8, 9 e 11 de maio.
Nesta actividade formativa achegaranse recursos para que os asistentes poidan enfrontarse a unha das principais esixencias do contexto profesional e empresarial TIC: o reto de relacionarse con equipos máis grandes e cos seus clientes.
En palabras de Vitae, trátase dun desafío que non resulta sinxelo, pois non é sempre doado desenvolvernos con facilidade en situacións complexas, por exemplo na coordinación do traballo coas compañeiras e compañeiros e cos responsables da empresa, ou á hora de recibir as obxeccións e as demandas do clientes, ou cando é preciso resolver conflitos, vender ideas ou encaixar críticas. “Todo isto”, engade a consultora galega, “provoca intres de estrés e tensión (malos entendidos, frustración, agresividade, incomprensión) cos interlocutores tanto externos como internos da empresa”.
Neste curso desenvolveranse competencias e habilidades en base a un cambio nos esquemas mentais e de conduta da persoa. Durante as sesións formativas combinaranse aspectos teóricos con exercicios e dinámicas que permitan comprender e interiorizar os conceptos e producir o cambio mental e de comportamento.
O curso ten unha duración de nove horas artelladas en tres sesións de tres horas. Celebrarase a través do formato de aula virtual de Vitae (en directo).
Será impartido por Elisardo López, licenciado en Dereito (ICADE) e en Empresariais (ICADE), grao en Psicoloxía, mestrado en Psicoloxía Xeral Sanitaria (UNIR), adestrador acreditado por ICF, mestrado en MDAF no Instituto de Empresa (IE) e Insights Discovery Licensed Practitioner. Ten ás súas costas máis de tres décadas de experiencias profesional e vinte anos como formador e consultor no ámbito das persoas. Ten traballado para empresas do talle de Volkswagen, PriceWatershouseCoopers, Microsoft e Navision. É profesor de habilidades directivas na ESIC Business Schoool, na MBA da Universidade de Loyola, na UCAM e MBA Executive en CEU. Ten formado e asesorado a empresas como Google, Microsoft, Amazon, SAP, Cisco, Orange, Fujitsu, Danone, LG ou Heineken, entre outras moitas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?