O 88% de todas as unidades inmobiliarias de Marín (12.286 domicilios particulares e empresas) xa están conectadas á fibra óptica de Movistar, tal e como informou este 19 de abril a coordinadora de despregadura de FTTH (acrónimo de fibra ata o fogar) de Galicia, Patricia Rodiño, no transcurso dunha reunión con representantes do equipo do Goberno municipal.
Rodiño engadiu que ao longo deste ano conectaranse á fibra óptica de Movistar 1.100 unidades inmobiliarias máis, alcanzando así o 95% de cobertura sobre a planta total de vivendas e empresas de Marín. Ademais, e tal e como explicaron as responsables de Telefónica á alcaldesa, “na actualidade tanto o núcleo urbano como o porto teñen xa unha cobertura do 100%”.
A despregadura está a levarse a cabo con recursos propios da compañía e en colaboración co Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, dentro de Programa de Universalización de Infraestruturas Dixitais para a Cohesión-banda larga (ÚNICO).
Telefónica pechou o ano pasado con cerca do 70% da poboación galega con acceso a fibra óptica, superando o millón e medio de fogares e negocios con acceso ás súas redes ultrarrápidas e, no caso da provincia de Pontevedra, co 74,9% da poboación cuberta.
Segundo explicou a operadora sobre as posibilidades que se abren coa súa tecnoloxía FTTH, esta permite aos clientes dispoñer de velocidades simétricas (subida e baixada) da Internet a 1 Gbps ou de televisión en alta definición, ademais de opcións de teletraballo, gaming, educación ou trámites administrativos.
A fibra óptica de Movistar chegará a finais de ano ao 95% dos fogares e empresas de Marín
Compartir Este Artigo

