Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Maker Faire Galicia pecha o call for makers con record de proxectos presentados
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Maker Faire Galicia pecha o call for makers con record de proxectos presentados

S. P.
Publicado: 19/04/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

O trebello Laddroller será un dos protagonistas do evento tecnolóxico compostelán
O trebello Laddroller será un dos protagonistas do evento tecnolóxico compostelán
A Maker Faire Galicia, que se celebrará do 1 ao 4 de xuño en formato híbrido no Museo Gaiás da Cidade da Cultura, pechou esta semana a chamada a makers, a través da cal recibíronse máis de 70 proxectos tanto a nivel nacional como internacional. O evento conta co apoio do Concello de Santiago, entre outros organismos, e está organizada por Vermis.
Ademais desta escolma de proxectos, que se dará a coñecer nas próximas semanas na páxina web do evento, a organización comezou a avanzar algúns dos contidos máis destacados das xornadas. Neles haberá referentes tanto nacionais como internacionais nos ámbitos da educación STEAM, a intelixencia artificial, a arte, os videoxogos, a biotecnoloxía, a enerxía, a divulgación científica ou a innovación inclusiva.
galicia_maker_faire_1681899930tematicas_mfg23_gal.jpgA xornada da industria, que será o 1 de xuño en horario de mañá e tarde, contará, entre outros, coa presenza de Dimitris Petrotos, arquitecto grego, fundador de Solomon Ears e 3dsGR, inventor da táboa de 11 mm, do Medusa Bungalow e creador de Laddroller, unha cadeira de rodas eléctrica resultante dun híbrido entre un exoesqueleto e unha cadeira de rodas. Ademais de Dimitris, esta xornada completarase con dúas mesas, unha sobre Intelixencia Artificial e outra sobre biotecnoloxía, e pecharase coa presentación dun proxecto enerxético que promete marcar un antes e un despois no ámbito da sustentabilidade e do desenvolvemento das tecnoloxías argalleiras.
A xornada específica adicada ao ámbito educativo (o 2 de xuño), contará, entre outros, coa presenza de Samu, un maker de Gondomar de 13 anos coñecido coma o príncipe do graffiti, e a divulgadora científica Eva Cabanelas. Ademais deles, celebrarase unha mesa no ámbito da inclusión, con varias referencias a nivel nacional, así como a presentación dun dos proxectos IoT (Internet das Cousas), realizado polo alumnado, máis destacado e máis premiado dos últimos anos.
Durante as xornadas de portas abertas, previstas para os días 3 e 4 de xuño e dirixidas a todos os públicos, ademais de poder interactuar cos mellores proxectos do ecosistema maker a nivel internacional, realizaranse numerosas charlas e obradoiros, as cales irá revelando progresivamente a organización.
Entre os contidos máis destacados deste ano estarán a II edición do Hackathon de Tecnoloxías de Apoio, a cuarta edición da Game Maker JAM ou os obradoiros STEAM a cargo de VermisLAB.
A inscrición dos asistentes para acceder aos contidos en liña xa está aberta e é totalmente gratuíta.
A IX edición da Maker Faire Galicia conta co apoio do Concello de Santiago, a Xunta de Galicia, a Fundación Cidade da Cultura e a Asociación para o Progreso da Dirección (APD), o Círculo Financiero de Galicia e realízase coa colaboración da Fundación Española para Ciencia e Tecnoloxía – Ministerio de Ciencia e Innovación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?