Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As galegas Libera Bio, AirCO2, Ancora, Celtarys e Alice Biometrics, distinguidas nos Premios EmprendeXXI
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As galegas Libera Bio, AirCO2, Ancora, Celtarys e Alice Biometrics, distinguidas nos Premios EmprendeXXI

S. P.
Publicado: 20/04/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

20230420_foto_grupal_exxi_galicia.jpgA empresa galega Libera Bio, novo referente no eido da biofarmacia, foi recoñecida este venres 20 de abril na 16ª edición dos Premios EmprendeXXI que conceden Caixabank (DayOne) e ENISA (Ministerio de Industria) como a startup máis innovadora de Galicia nos Premios EmprendeXXI. O galardón, impulsado en Galicia polo IGAPE, distinguiu o empuxe da santiaguesa Libera Bio por “desenvolver unha nova xeración de nanomedicamentos de precisión, baseados en patentes tecnolóxicas propias, co obxectivo de mellorar os tratamentos do cancro”. As finalistas foron as tecnolóxicas AirCO2, Ancora, Celtarys e Alice Biometrics.
Os galardóns
Os Premios EmprendeXXI naceron no ano 2007 coa vontade de impulsar e apoiar as iniciativas emprendedoras, contribuír ao desenvolvemento de novas empresas con alto potencial e recoñecer o impacto social, económico e ambiental que estes negocios xeran no seu territorio. Desde a súa creación, o programa investiu 7,5 millóns de euros en metálico e en accións de acompañamento e que beneficiaron a máis de 465 empresas. Este ano, que os premios alcanzan a súa 16.ª edición, 47 startups galegas presentaron a súa candidatura, o que supón un incremento do 74% respecto á edición anterior.
Premios en metálico e formación
O galardón obtido por Libera Bio inclúe unha dotación económica de 6.000 euros e o acceso a un programa de formación internacional. Trátase dunha formación especialmente deseñada para novas firmas innovadoras con alto potencial de crecemento, Moonshot Thinking for entrepreneurs, e está impartida por ESADE e expertos de Silicon Valley. A súa realización combina sesións formativas coa experiencia de visitar algún dos principais hubs de innovación do mundo.
Así mesmo, tamén terán a oportunidade de participar no Investors Day EmprendeXXI, unha xornada onde manterán contacto con investidores e empresas interesadas en colaborar co ecosistema emprendedor e entrará a formar parte da comunidade AlumniXXI, cos fundadores das empresas gañadoras desde o inicio.
O acto de entrega, que contou entre os seus relatores coa presenza de representantes da Dirección Territorial Norte de CaixaBank e ENISA, realizouse no marco da xornada de innovación DayOne Innovation Summit.
As startups máis innovadoras de Galicia
Ademais de Libera Bio no evento estiveron presentes as startups galegas finalistas, que presentaron os seus proxectos e foron recoñecidas polos organizadores pola súa contribución para mellorar a sociedade. Estas foron as empresas finalistas da nosa terra:
• AirCO2: é un marketplace que permite neutralizar a pegada de carbono coas capturas de CO2 de plantacións forestais de proximidade.
• Ancora: deseña tecnoloxía especializada para a industria 4.0, centrada na dixitalización eficiente do traballador na planta de produción.
• Celtarys Research: desenvolve ferramentas químicas fluorescentes innovadoras para acelerar o descubrimento de fármacos.
• Alice Biometrics: ofrece solucións automáticas de verificación de identidade, en remoto e con tecnoloxía anti fraude.
A 16.ª edición dos Premios EmprendeXXI recibiu un total de 1.135 candidaturas procedentes de España e Portugal, o que representa case un 50% máis que o ano anterior. Destas máis de 1.100 propostas, a organización premiará 19 a nivel territorial: 17 en España (unha por comunidade autónoma) e dúas en Portugal (zona norte-centro e Lisboa-sur e Illas).
En paralelo, tamén se premiará ás empresas de calquera territorio que ofrezan as mellores solucións a algúns dos retos actuais que afronta a entidade e a sociedade en xeral. As firmas seleccionadas obterán un premio en metálico de 20.000 euros e as súas propostas estarán enfocadas, concretamente, a dar resposta a seis grandes desafíos vencellados ao sector financeiro, as cidades e vilas sustentables, a protección do planeta, a saúde, a industria agroalimentaria e o sector do turismo, a restauración e o lecer.
Tamén se entregarán dous accésits á empresa con maior impacto social e á innovación máis disruptiva.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?