A Cámara de Santiago vai organizar unha xornada formativa e divulgativa sobre as posibilidades de transformación e rendibilidade que ofrecen ás pemes as novas tecnoloxías intelixentes de análise da información. A xornada Intelixencia Artificial: panca de cambio na empresa celebrarase o vindeiro 27 de abril, en horario de 10.00 – 11.15 horas. Abéirase ás actividades que a Cámara organiza no marco da Oficina Acelera PEME, a través do seu acordo coa entidade estatal Red.es. Tocaranse os seguintes temas: que é a Intelixencia artificial?, que pode achegar a Intelixencia Artificial á miña empresa? e como aplicar a Intelixencia artificial na empresa (exemplos prácticos).
O relator será Pablo Vázquez, licenciado en Física e Doutor en Computación Avanzada e Intelixencia artificial pola Universidade de Santiago de Compostela. Fundador de Sypnases Tech.
Esta xornada está organizada pola Oficina Acelera PEME da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela que se inclúe en Programa Operativo Plurirrexional de España FEDER 2014-2020 (POPE), co-financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e pola entidade público-empresarial Red.es, adscrita ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a través da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial.
As potencialidades da Intelixencia Artificial para as pemes centran unha nova xornada da Cámara de Santiago
Compartir Este Artigo

