
Argerey explicou que o apoio da Xunta ao Mestrado en Sistemas Aéreos Non tripulados da Universidade de Santiago de Compostela e da Universidade de Vigo é firme, e que este apoio abéirase a un compromiso de gran amplitude: o compromiso de GAIN coa formación especializada no eido aeronáutico e aeroespacial co obxectivo de “impulsar a competitividade do sector en Galicia a través do talento”. A directora de GAIN lembrou que o devandito é, xunto coa tecnoloxía, os mercados e a regulación, un dos piares estratéxicos da planificación do Polo Aeroespacial de Galicia 2021-2026. “A iniciativa tense consolidado como un dos principais proxectos transxeracionais da Xunta de Galicia e os seus obxectivos a longo prazo están focalizados no emprego do futuro”, dixo, engadindo que o Goberno galego continuará investindo para atraer e reter o mellor talento de Galicia cara carreiras técnicas e empregos de calidade e alta cualificación, desde as etapas máis temperás ata a Universidade, pasando pola Formación Profesional.
Formación básica de piloto de drons
O Máster Universitario en Sistemas Aéreos non Tripulados é un dos dous másteres oficiais ofertados en España sobre Sistemas Aéreos Non Tripulados e o único que inclúe formación básica de piloto de drons. Proporciona un título de alta especialización para estudantes universitarios e inclúe dúas vertentes: unha centrada na enxeñaría de sistemas aéreos non tripulados, que lidera a Universidade de Vigo; e outra enfocada nas súas aplicacións, que lidera a Universidade de Santiago de Compostela.
GAIN debulla ante a mocidade investigadora do eido aeroespacial as oportunidades do sector galego
Compartir Este Artigo

