A operadora de orixe galega R comezou abril facendo novos balances sobre a presenza da súa fibra nos nosos concellos, máis polo miúdo da súa fibra MAX, que, segundo vén de recordar a empresa, está plenamente presente en Viveiro, en Ribeira, no Porriño e na Rúa (Ourense).
En Viveiro, unhas 2.500 empresas e particulares do concello xa están a aproveitar as vantaxes da fibra óptica ata o fogar (FTTH) de R. O avance do ano deparará máis traballos de despregadura e de mellora da rede instalada, informou a firma de telecomunicacións.
En Ribeira a fibra de R xa está ao servizo, tamén, de 3.500 fogares e negocios, sendo o obxectivo levar a nova cobertura de fibra MAX a toda a veciñanza. Polo que se refire ao Porriño (Pontevedra), a cifra rolda os 2.700 domicilios e empresas, e na Rúa (Ourense) a cobertura é de 2.500 firmas e particulares.
“O noso obxectivo”, explica R, “é posicionarnos como o operador con máis cobertura de fibra propia destas localidades, así que seguimos a traballar para levar a mellor internet ao maior número posible de veciños/as”.
Vantaxes da fibra MAX de R
-Ata 10 Gbps de velocidade de internet simétricos; é dicir, coa mesma velocidade de subida e de baixada e ata 4 veces máis rápida que outras fibras. A Internet de R está preparada para alcanzar os 10 Gbps. De momento, xa gozan dun 1 Gbps os usuarios/as particulares.
-Melloras na velocidade e na cobertura. O sistema Wi-Fi 6 de R permite aos usuarios navegar a pleno rendemento, aínda que estean afastados do router.
-Seguridade total. A operadora destaca a integración do “protocolo sen fíos máis seguro do mercado”, que é o WPA3, o que usa a rede de R.
-Sen retardos nin lag. Así o explica a operadora: “Grazas á nosa conexión aos mellores servidores de gaming e a plataformas como Twitch, despídete dos problemas de latencia ou ping”.
-Deco Android 4K incluído. En palabras de R, este decodificador “permítenos converter a tele nunha Smart TV con acceso ás mellores plataformas de streaming en calidade 4K e descargar aplicacións grazas ao seu sistema operativo Android. Ah, e con acceso a rebobina”.
A fibra MAX de R avanza en Viveiro, Ribeira, O Porriño e A Rúa
Compartir Este Artigo

