Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A RAGC e GAIN convocan a oitava edición do Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A RAGC e GAIN convocan a oitava edición do Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas

S. P.
Publicado: 24/04/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

premio_celia_branas.jpgA Real Academia Galega de Ciencias, en colaboración coa Axencia Galega de Innovación (GAIN), convocou a oitava edición do Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas, edición 2023, dirixido a galardoar unha peza xornalística científica ou tecnolóxica, de carácter informativo, en formato escrito ou audiovisual, publicada ou emitida entre o 1 de maio de 2022 e o 30 de abril de 2023 en calquera medio galego (ou edición galega dun medio estatal): diarios dixitais ou en papel, radio ou televisión. O traballo xornalístico pode ser unha noticia, crónica ou reportaxe, quedando excluídas as entrevistas e os artigos.
A respecto dos porqués e das orixes deste relevante certame, a RAGC considera que “a ciencia e a tecnoloxía teñen actualmente un papel determinante e indiscutible no desenvolvemento económico e o benestar social dun país, polo que comunicar estes achados e as súas aplicacións á sociedade galega, así como a transferencia de coñecemento ás empresas, é unha prioridade”. Nesta liña, a academia asegura que os medios de comunicación poden contribuír “dun xeito decisivo” a acadar este obxectivo. Para estimular esta vertente xornalística, a distinción Celia Brañas pretende recoñecer actividades de comunicación da ciencia e da tecnoloxía entre os profesionais do xornalismo dos medios de comunicación galegos.
Os traballos poderán centrarse en calquera aspecto relacionado coa ciencia desenvolta en Galicia, ben sexan achados, difusión do labor de grupos ou centros de investigación, posibles aplicacións dos resultados da investigación ou mesmo casos de éxito de transferencia de resultados ao mercado… Poderá concorrer a este premio calquera profesional xornalista, a título individual ou en equipo, que desenvolva a súa actividade en medios de comunicación de Galicia ou en edicións galegas de medios estatais, e poderanse presentar un máximo de tres traballos por candidato individual ou colectivo.
A participación será tramitada de xeito telemático a través dun formulario electrónico dispoñible nas webs da Real Academia Galega de Ciencias e da Axencia Galega de Innovación. Unha vez descargado e cumprimentado, o formulario enviarase por correo electrónico a pxornal@ragc.gal, acompañado da documentación complementaria sinalada nel. O prazo para presentar os traballos remata o 20 de maio.
A dotación do premio será de 3.000 euros. A maiores, concederase un accésit de 1.000 euros para o segundo traballo mellor valorado.
A información e as bases poden consultarse na web da RAGC.
Celia Brañas, pioneira na incorporación da muller á cultura científica
A científica Celia Brañas (A Coruña, 1880-1948) era filla do xornalista, escritor e farmacéutico Gonzalo Brañas. Simbolizou o esforzo das mulleres da súa xeración por ter un papel protagonista na sociedade, en particular no eido da cultura científica.
Estudou na Escuela Normal da Coruña, onde obtivo o título de mestre elemental e superior e, despois, cursou o Bacharelato no instituto local. Posteriormente, superou a materia de Reconocimientos de productos comerciales y Prácticas de Laboratorio na Escuela Superior de Comercio. E na Universidade de Santiago de Compostela examinouse das materias de Mineraloxía e Botánica, Zooloxía e Física e Química, que constituían o curso preparatorio da Facultade de Ciencias.
En 1908 iniciou o seu labor docente na Escuela Normal coruñesa como profesora auxiliar. En 1911 aprobou a oposición de profesora numeraria de Ciencias e encargouse da docencia de Física, Química e Historia Natural. Ocupou a dirección da Normal en diversas etapas e xubilouse en 1946. No ano 1922 desfrutou dunha bolsa da Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas (JAE) para realizar prácticas de Histoloxía nos laboratorios do Museo Nacional de Ciencias Naturales.
A súa visión da ensinanza das Ciencias estivo en consonancia coa proposta educativa dos movementos de renovación pedagóxica da época, a “ensinanza activa”. Celia entendeu que a súa responsabilidade como educadora non se debía restrinxir ao espazo das aulas, polo que desenvolveu un notable labor divulgativo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?