Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Asociación de Construtores de Pontevedra e Vortal lanzan un mercado electrónico enfocado na construción
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Asociación de Construtores de Pontevedra e Vortal lanzan un mercado electrónico enfocado na construción

S. P.
Publicado: 26/04/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

asociacion_construtores_pontevedra.jpgA empresa Vortal líder en plataformas de compras electrónicas en internet de cara a realizar os procesos de compra e venda de obras, servizos e subministros (no sector público como nas empresas privadas) e a Asociación de Construtores de Pontevedra (ACP) veñen de asinar un convenio de colaboración para o lanzamento de VBuild en Galicia, unha solución desenvolvida por Vortal e centrada no sector da construción, que permitirá ás empresas recibir propostas axeitadas para os seus proxectos e obras, facendo máis doado o proceso de procura de novos socios comerciais.
Así, as empresas de construción que forman parte da Asociación de Construtores de Pontevedra poderán, grazas a este acordo, acceder ao portal baixo condicións especiais. Nun momento no que o sector da construción se enfronta a retos relacionados coa sustentabilidade, a dixitalización, a escaseza de man de obra e a presión inflacionista, as empresas sentiron a necesidade de revisar e adaptar as súas estratexias para encaixar nun sector en constante cambio.
Máis que un novo mercado electrónico, é unha nova maneira de mercar e vender na construción. Ao tratarse dun proceso de compra totalmente dixitalizado, supón un importante aforro para as empresas (de media aforran un 22% ao ano), a redución de riscos e a xestión de todo o proceso de xeito eficiente, transparente, innovador e sustentable.
Asemade, a dixitalización permitiu identificar e cuantificar outros beneficios como o aforro de tempo empregado nas fases de análises e comparación de ofertas, a xestión de fluxos de traballo ou a preparación de eventos recorrentes. Mellora tamén os procesos de análises e toma de decisións, a ampliación e a dispoñibilidade inmediata da información, que permite impulsar as decisións de maneira racional, orgánica e oportuna.
Jorge Cruz Macara, CEO de Vortal, salienta que: “o portal VBuild permite facer negocios máis intelixentes e eficientes a través da dixitalización e os seus beneficios. O acceso é moi sinxelo e permite ás empresas mellorar o seu rendemento, aforrar tempo, reducir custos, mitigar riscos e innovar nos seus procesos e organizacións”.
Pola súa banda, Miguel Ángel Caruncho Campanario, Presidente da Asociación de Construtores de Pontevedra, considera que esta alianza é unha oportunidade para fomentar o crecemento do sector, de acordo cos obxectivos da ACP.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?