Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A astronomía, os hackers e o dereito centran a Nerd Nite de abril da USC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A astronomía, os hackers e o dereito centran a Nerd Nite de abril da USC

S. P.
Publicado: 26/04/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

nerdnite_abril_0.jpgA Nerd Nite da USC (encontros informais no serán-noite nos que divulgar ciencia e tecnoloxía dun xeito divertido e inspirador) correspondente ao mes de abril desenvolverase o vindeiro día 26, a partir das 20.30 horas, na Nave de Vidán. As persoas relatoras serán Andrea Rodríguez Antón, investigadora do INCIPIT-CSIC; xunto cos profesores da USC Alberto Quián e Belén Trigo García. Astronomía, hackers e dereito serán os eixos temáticos sobre os que se asentará a sesión. Esta será de acceso libre ata completar a capacidade do espazo.
Rodríguez Antón, especialista en Astronomía Cultural, pronunciará o relatorio Un refuxio no ceo. A memoria do pobo saharauí nas estrelas. Falará entre outras cousas do seu traballo arqueoastronómico en construcións de época nabatea en Oriente Próximo, megalíticas na Península Ibérica e monumentos funerarios preislámicos no Sahara Occidental ocupado, así como polo seu estudo etnoastronómico co pobo saharauí de tradición hassania.
Hackear non é cousa de delincuentes é o titulo da charla impartida polo investigador do grupo Novos Medios, Alberto Quián. Un dos alicerces da súa intervención será o seu último libro, Civilizacion hacker, no que o profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC traza a liña evolutiva da cultura e ética hackers, coa cal se explica como e por que xurdiron nos últimos anos fenómenos como WikiLeaks ou Anonymous, o auxe da criptografía ou movementos polo software libre e o recoñecemento do acceso aberto ao coñecemento como dereito humano, entre outros aspectos.
Pola súa banda, o dereito será a materia que toque a profesora Belén Trigo, autora de publicacións de carácter estatal e internacional en materia de contratos, responsabilidade, dereitos reais, familia e sucesións. Con carácter transversal, tense ocupado do dereito antidiscriminatorio con especial atención ás cuestións de xénero, idade (xerontoloxía), e orientación e identidade sexual. Sex, Rock & Law será o título da súa intervención.
As Nerd Nites son conversas divulgativas nas que especialistas de diferentes ámbitos dialogan co público das disciplinas que os apaixonan fóra do ámbito académico nun ton distendido e en horario nocturno.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?