Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A novena ICC Week deixou sete días de actividade nunha ducia de localizacións de Ourense
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A novena ICC Week deixou sete días de actividade nunha ducia de localizacións de Ourense

S. P.
Publicado: 26/04/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

manuel_baltar_onte_na_ultima_xornada_da_icc_week.jpgA Deputación de Ourense celebrou os días pasados a novena edición da semana ICC Week, adicada a mostrar a puxante actividade das industriais creativas provinciais, galegas e estatais, poñendo o foco en ámbitos como as novas tecnoloxías, os videoxogos, os contidos, a arte urbana ou a música. Este luns 23 de abril celebrouse a última xornada no evento. Nela o presidente da Deputación, Manuel Baltar, expresou a súa satisfacción polo éxito de público e participación na novena edición da ICC Week, que desde o día 17 e ata o domingo desenvolveu unha ampla e variada programación que deixou na provincia e na capital “unha forte pegada cultural e creativa”, dixo.
Manuel Baltar engadiu que “o éxito estaba garantido” grazas a unha programación que, coordinada por Juan Rivas, ofreceu máis de vinte propostas en aspectos tan variados como a Intelixencia Artificial, a ilustración, ciencia, o sector audiovisual, a música, moda, radio ou os deportes electrónicos. Foron sete días de actividades que reuniron nunha ducia de localizacións da cidade e da provincia a preto de trinta relatores, ofreceu ata cinco concertos de música, dúas estreas audiovisuais e congregou a representantes de 14 países no XIII Congreso Internacional de Asociacións Xacobeas.
Como dixemos, a Semana das Industrias Culturais e Creativas pechou a novena edición onte domingo no pavillón do colexio Mestre Vide da cidade, onde unha ampla representación da mocidade ourensá participou esta fin de semana na ICC eSports, unha cita cos deportes electrónicos combinando a competición e maila exhibición con oito novos talentos de toda España, ademais de torneos abertos a todos os asistentes e xogo libre en diferentes plataformas.
Con anterioridade, numeroso público congregouse nos xardíns do Padre Feijoó da capital para escoitar a música pop, fusión e blues de Vera Fauna, Amparo Sánchez e The Limboos, capítulo musical no que tamén destacou a presenza do que fora o líder do conxunto Cadillac, José María Guzman, e o concerto de Teo Cardalda e Soledad Gimenez coa estrea incluída do vídeo-clip Agua Soy, que percorre zonas de provincia vinculadas á auga e o termalismo e que contou na súa produción coa colaboración da Deputación. No mundo musical cómpre destacar ademais a presenza en Ourense do presidente de Sony Music España, José María Barbat, para falar do proceso de lanzamento de éxitos.
A ICC Week tamén incluíu un capítulo dedicado á radio, incluíndo a emisión desde Ourense dun programa de alcance nacional como Más de uno de Onda Cero, dirixido e presentado por Carlos Alsina. Tamén ofreceron ao público a súa visión sobre o mundo da radio en Ourense profesionais da talla de Pepa Fernández, Nora Sola e Moncho Blanco, ademais dunha edición especial do Foro La Región para abordar o fenómeno de Rock FM coa participación do xornalista e produtor Vicente “Mariskal” Romero, acompañado por directivos da emisora como Jorge Vileilla e Rodrigo Contreras.
A semana tamén serviu para acoller en Ourense a premier galega da película Honeymoon, dirixida polo coruñés Enrique Otero e protagonizada por Nathalie Poza e Javier Gutiérrez.
Ademais, unha das novidades deste ano na programación da ICC Week estivo no tratamento da Intelixencia Artificial e as súas aplicacións na sociedade actual, cunha experta de renome como Gemma Galdón, “e xunto coa alianza co campus universitario e coa Escola Superior de Enxeñaría Informática”, destacou Manuel Baltar.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?