Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: DATAlife alíase con Docuten para activar a dixitalización administrativa das pemes galegas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

DATAlife alíase con Docuten para activar a dixitalización administrativa das pemes galegas

S. P.
Publicado: 26/04/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

daniel_cerqueiro_docuten_y_lucia_castro_datalife_1.jpgA iniciativa galega DATAlife Hub de Innovación Dixital (DIH) vén de formalizar un acordo coa empresa coruñesa Docuten, ao abeiro da aposta de DATAlife pola dixitalización de todos os procesos vinculados ao desenvolvemento dos proxectos empresariais integrados nas cadeas de valor da biotecnoloxía, agro-mar alimentación, forestal-madeira e saúde-coidados de Galicia. O convenio asinado entre a institución que xestiona Lucía Castro e a startup Docuten, vai dirixido a impulsar e fortalecer aínda máis a actividade transformadora de DATAlife.
Docuten achegará neste convenio a súa frutífera experiencia como startup especializada na dixitalización administrativa e automatización empresarial a través da sinatura dixital e a facturación electrónica. Estas ferramentas que automatizan as tarefas do día a día permiten que as pemes poidan rexistrar un aforro de custos e de tempo e, ao mesmo tempo, logren reducir a pegada ecolóxica.
A xerente de DATAlife Hub de Innovación Dixital (DIH), Lucía Castro, lembra que a alianza con Docuten serve para “ofrecer a posibilidade de dixitalizar, automatizar e axilizar os procesos da firma de documentación”. Ao seu xuízo, “mellorará a actividade do hub galego e a coordinación do ecosistema de innovación, facilitando a competitividade dos seus socios e principais actores”.
Desta maneira, a dixitalización administrativa permitirá a DIH DATAlife beneficiarse de vantaxes relacionadas coa automatización destes procesos: aumentará a eficiencia na xestión de documentos, diminuíndo erros humanos e mellorando tempos de acción, e conseguirán un aumento na seguridade e legalidade de toda a documentación xestionada.
Como dixemos, DIH DATAlife, Hub de Innovación Dixital para as Ciencias da Vida de Galicia, ten como un dos seus principais obxectivos incrementar a competitividade das pemes mediante a adopción de tecnoloxías disruptivas: Intelixencia Artificial, Internet das Cousas, Computación de Altas Prestacións e Ciberseguridade. DATAlife, para alcanzar estas metas, colabora en diversos proxectos e redes de ámbito autonómico, nacional e europeo.
Pola súa banda, a startup tecnolóxica Docuten, que dirixe Brais Méndez e que conta tamén con sede en Madrid, axuda a outras empresas para ser paperless e a optimizar a súa xestión administrativa a través dunha plataforma específica de sinatura dixital e facturación electrónica.
Entre a súa carteira de clientes están empresas de referencia en diferentes sectores como Desigual, Estrella Galicia, Arenal, Cafés Delta, Nortempo, Vegalsa, Lantania, Abanca, Northgate ou CLUN. Daniel Cerqueiro é o seu director de Márketing.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?