Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CESGA acolle este xoves 27 a 11ª edición do Día Internacional das Rapazas nas TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CESGA acolle este xoves 27 a 11ª edición do Día Internacional das Rapazas nas TIC

S. P.
Publicado: 26/04/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

dia_internacional_das_rapazas_nas_tic.jpgEste xoves 27 de abril as tecnológas galegas (presentes e futuras) toman a palabra. Farano no marco da undécima edición do Día Internacional das Rapazas nas TIC (International Girls in ICT Day), encontro encamiñado a motivar ás novas xeracións de mozas para que consideren o ámbito das TIC para o seu desenvolvemento académico, investigador e profesional. A sede do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) é o lugar elixido para levar a cabo este evento, que se celebra de 10:45 a 19.00 horas, coa colaboración do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), a Secretaría Xeral de Igualdade e o dito CESGA, dependente da Axencia Galega da Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia.

Carmela Troncoso
Carmela Troncoso
O acto será inaugurado pola directora de GAIN e presidenta do CESGA, Patricia Argerey; e contará coa intervención da conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana. Esta actividade, destinada ao alumnado de primaria e secundaria de Galicia, consistirá nunha multiconferencia web, que se retransmitirá por streaming, na que participarán profesionais galegas que contarán a súa traxectoria, no que traballan, e o que a tecnoloxía pode achegar en diversos eidos para mellorar a vida. Participarán nunha mesa redonda, moderada pola coordinadora da área e-learning do CESGA, María José Rodríguez Malmierca, catro senlleiras tecnólogas galegas que traballan e investigan en ámbitos relacionados coas novas tecnoloxías: Mariamo Mussa Juane (Física e traballadora do CESGA), Esther Medina (Enxeñeira de Telecomunicacións e xefa de Innovación no Entorno Dixital da CRTVG), Alba Meijide (licenciada en Intelixencia Artificial pola Universidade de Manchester, é consultora e deseñadora de proxectos baseados en Intelixencia Artificial para empresas) e Carmela Troncoso (Enxeñeira de Telecomunicacións galega e profesora na Escola Politécnica Federal de Lausana, Suíza, dirixe o Laboratorio SPRING).
Alba Meijide
Alba Meijide
Dende os centros escolares, as rapazas e rapaces poderán enviar as súas preguntas en directo para poder ter ese diálogo directo coas tecnólogas convidadas. Asemade, de xeito presencial e ao remate do coloquio, un grupo de estudantes realizará unha visita guiada ao supercomputador Finis Terrae III e participarán nun obradoiro tecnolóxico.
Xa pola tarde, poñeranse en marcha outros obradoiros tecnolóxicos dirixidos a rapazas e rapaces de entre 10 a 16 anos, presentados por un grupo de mozas galegas, 5Girls4Techno, gañadoras dun premio internacional por crear a mellor APP europea en Technovation Girls o pasado ano. Alén disto, pola tarde haberá xogos e visitas guiadas ao supercomputador FinisTerrae III.
Esther Medina
Esther Medina
Engadir que dende 2012, o CESGA coordina o Proxecto Europeo ICT-Go-Girls!, Promoting
Entrepreneurship among secondary School Girls through ICT (Promoción do emprendemento das rapazas de secundaria a través das TIC), que deseñou e testou unha metodoloxía innovadora para loitar contra a escaseza de vocacións tecnolóxicas entre as rapazas europeas. Esta acción foi completada coa iniciativa galega Rapazas Emprendedoras nas TIC na que colabora o CPEIG no marco do Plan Proxecta da Consellería de Cultura, baixo a coordinación da Secretaría Xeral de Igualdade, dirixida ás rapazas de primeiros anos de secundaria.
Para máis información sobre esta xornada cómpre visitar a web do departamento de eLearning do CESGA (e-learning.cesga.es).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?