A empresa tecnolóxica Teimas Global, con sede en Santiago de Compostela e especializada en solucións software para xestores e produtores de residuos, vén de estrear unha nova versión de Zero, plataforma dixital para a xestión de residuos en grandes corporacións. Deste xeito, Zero, a plataforma en liña de Teimas converte en doada a xestión intelixente de residuos en grandes corporacións.
O desenvolvemento desta ferramenta lanzada en 2019 foi un paso lóxico dentro da traxectoria da empresa compostelá, logo de 10 anos de experiencia na creación de software para a xestión documental de residuos. A través de cadros de mando permite visualizar índices de negocio, coa posibilidade de promover un modelo produtivo baseado na economía circular, achegar os principios do movemento Zero Waste na operativa e contribuír ao cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable na xestión dos residuos xerados polas empresas durante o desenvolvemento da súa actividade.
Dende 2019 Zero introduciuse en varias multinacionais en España en réxime de alugueiro de servizo (Software as a Service ou SaaS), unha tecnoloxía que non esixe labores de mantemento, aloxamento nin xestión da seguridade. Entre os seus principais clientes atópanse diversos actores do ciclo da produción, transporte e xestión de residuos: desde a administración pública, pemes xestoras de residuos, ata a súa actual colaboración con grandes corporacións con presenza internacional. Salientan, entre outras, empresas líderes nos sectores da enerxía (Rede Eléctrica de España), infraestruturas, telecomunicacións (Telefónica), alimentación e bebidas (Damm) e farmacéutico, ademais de oil & gas, químico e téxtil. Medindo a pegada de carbono xerada durante o tratamento e transporte de residuos Zero conta agora cunha nova funcionalidade para a medición da pegada de carbono xerada durante o tratamento e transporte de residuos. O resultado deste cálculo obtense mediante unha ampla gama de datos: tipo de residuo, tipo de tratamento, cantidade de residuos en kg e distancia percorrida, cantidade de residuos (kg) e do tipo de vehículo empregado. O usuario pode analizar a evolución da pegada de carbono a través de informes e cadros de mando que poderá aplicar ao desenvolvemento de estratexias de sustentabilidade ambiental.
Desde que saen do centro onde se producen e ata o seu tratamento, os residuos industriais pasan por diferentes etapas e intermediarios, Zero permite agora a rastrexabilidade e certificación no movemento dos residuos desde as instalacións da empresa produtora dos residuos, ata o seu tratamento final. Maior seguimento dos custos asociados á xestión de residuos Por último, Zero achega agora unha funcionalidade que facilita a xestión económica de abonos e cargos relativos á xestión de residuos, a análise do impacto económico de traslados de residuos e a toma de decisións para reducir o devandito impacto. Con esta nova versión do software Zero, Teimas avanza na estandarización da xestión de residuos en compañías globais, axudándolles a controlar a súa produción de residuos, asegurar a rastrexabilidade, impulsar estratexias de sustentabilidade e aforrar custos.
A galega Teimas mellora o seu software Zero e avanza na xestión de residuos en compañías globais
Compartir Este Artigo

