Este martes 25 de abril a Cidade da Cultura (monte Gaiás, Santiago) acolleu unha das paradas da xira Huawei Enterprise Roadshow 2023 (terceira edición) na que o xigante tecnolóxico chinés mostrou as posibilidades das súas tecnoloxías para a transformación de empresas, institucións, administracións e cidadanía. Fíxoo a través dun centro tecnolóxico móbil de demostracións e poñendo o foco no potencial dos seus produtos e solucións para o verde, o eficiente e o sustentable.
A recalada de Huawei Technologies en Santiago, co-organizada polo grupo galego Itelsis (partner de Huawei), formou parte dun percorrido de oito cidades pola xeografía española (Sevilla, Málaga, Madrid, Santiago, Villanueva de la Cañada, Bilbao, Barcelona, Valencia), no que se están a amosar os últimos produtos do grupo chinés, que inclúen redes de campus, centros de procesamento de datos, servizos na nube e ferramentas de xestión e comunicación para gobernos, educación, sanidade, ISP, finanzas, transporte, manufactura, transporte ou sector retallista.
Na pasada edición o circuíto de Huawei foi visitado por máis de 1.550 persoas.
O centro tecnolóxico dispón dunha área de showroom con zonas diferenciadas onde se ofrecen demostracións sobre as ditas solucións de Huawei.
O acto de presentación en Santiago correu a cargo de Aries Likeling, director territorial de Huawei en Galicia, e contou coa participación de Marta Abal, concelleira de Economía, Facenda e Modernización da Administración Local do Concello de Santiago; e Gumersindo Feijóo, vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación da Universidade de Santiago, entre outras autoridades.
En palabras de Aries Likeling, “este circuíto é o escenario perfecto para visibilizar o poder da innovación e a tecnoloxía como motor de desenvolvemento para as diferentes industrias. Grazas á dilatada experiencia de Huawei en áreas tecnolóxicas claves para as empresas e administracións, a compañía mantén o firme compromiso de desenvolver tecnoloxías que impulsan un ecosistema de colaboración co que as empresas poidan ofrecer un valor engadido aos seus clientes”.
Huawei Enterprise Roadshow 2023
• 11 de abril: Sevilla
• 13 de abril: Málaga
• 18 de abril: Sede Telefónica
• 20 de abril: Madrid
• 21 de abril: Universidade Alfonso X (Villanueva de la Cañada)
• 25 de abril: Santiago de Compostela
• 27 de abril: Bilbao
• 02 de maio: Barcelona
• 04 de maio: Valencia
A xira Huawei Enterprise Roadshow 2023 recalou en Santiago e mostrou as últimas novidades do xigante chinés
Compartir Este Artigo

