Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: CLUSAGA presenta dous revolucionarios proxectos de transformación do sector lácteo galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

CLUSAGA presenta dous revolucionarios proxectos de transformación do sector lácteo galego

S. P.
Publicado: 27/04/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

clusaga_dixitalizacion.jpgCLUSAGA presentou este mércores 26 de abril en Santiago dous proxectos de I+D+i aplicada á dixitalización do sector lácteo galego e coordinados pola dita agrupación. Trátase de Milktelligence e Smart4Cheese, dúas iniciativas financiadas no marco do programa de apoio ás Agrupacións Empresariais Innovadoras (AEIs) que promove o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo (MINCOTUR), e que involucraron a 11 empresas socias de CLUSAGA na súa execución.
Milktelligence, promovido por CLUSAGA, implicou ás empresas socias PS Vet Dairyquality, Innogando, Galacteum, Feiraco e Cooperativa Agraria Provincial da Coruña, e abordou a necesidade do sector lácteo de mellorar a súa produtividade mediante o emprego dunha nova plataforma de xestión que integre os principais valores do sector primario e secundario de forma automatizada, para unha toma de decisións áxil.
Por outra banda, a iniciativa innovadora Smart4Cheese, coordinada pola agrupación industrial e implementado polas empresas socias Grupo Entrepinares, Queizuar, ASM Soft, Medrar Smart Solutions, ANFACO-CECOPESCA e Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), perseguiu o obxectivo de impulsar a sustentabilidade do sector lácteo de queixerías grazas á investigación industrial en tecnoloxías innovadoras dixitais baseadas en Intelixencia Artificial e fotónica avanzada.
Tanto Milktelligence como Smart4Cheese recibiron apoio do Fondo de Recuperación NextGenerationEU para a aceleración da transformación dixital, ademais do da convocatoria de apoio a AEIs do MINCOTUR. A preparación destas propostas contou con soporte da Oficina Técnica Next Generation Galicia Food, impulsada por CLUSAGA e apoiada pola Xunta de Galicia a través do IGAPE.
Nesta liña e xunto a estes dous proxectos, CLUSAGA tamén impulsa a candidatura galega ao PERTE agroalimentario para a mellora da competitividade do sector lácteo. O proxecto tractor Smartz4Milk, liderado pola empresa socia do clúster Grupo Leche Rio, conta cun orzamento de 25.9 M€ para acometer proxectos de I D i e investimentos en sustentabilidade que supoñan unha revolución para todo o sector lácteo español.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?