O xoves 11 de maio, ás 19:30 horas, a sede da Industriosa en Vigo vai acoller unha nova actividade formativa, divulgativa e creativa na que botar luz sobre aspectos tecnolóxicos de interese para as nosas empresas e o noso día a día profesional: unha charla sobre o rol dun engineering manager (responsable de enxeñaría) nun equipo de enxeñeiros de software, e como pode ser un bo manager sen a presión de ser un líder, a cargo de Miguel García.
Miguel García actualmente é VP de Enxeñaría en Nextail, un empresa de software que ofrece unha solucións de Intelixencia Artificial na nube para o sector retallista. Nos últimos anos traballou en empresas como Oracle ou Inditex liderando equipos e deseñado solucións de alto rendemento principalmente para o devandito sector.
Miguel comparte de xeito regular as súas opinións e experiencias a través do portal DZone no que foi nomeado como experto en áreas como a análise da información a gran escala (Big Data) e Career Development.
Para participar debemos realizar a inscrición (de balde) dende Meetup.
Esta actividade está patrocinada pola Xunta de Galicia e pola Axencia Para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).
A Industriosa móstranos en maio como liderar un equipo de enxeñeiros de software
Compartir Este Artigo

