Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O proxecto galego MusselBlock impulsa a rastrexabilidade no mexillón con blockchain
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O proxecto galego MusselBlock impulsa a rastrexabilidade no mexillón con blockchain

S. P.
Publicado: 28/04/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

bateas_mexillon_rias.jpgA organización galega empresarial CLUSAGA presentou un proxecto de dixitalización e I+D+i aplicada ao sector do mexillón galego. Trátase de MusselBlock, cuxos resultados foron dados a coñecer nun webinario organizado pola Agrupación Industrial Alimentaria de Galicia (CLUSAGA). O obxectivo desta iniciativa foi o desenvolvemento dun sistema seguro e fiable que garanta a veracidade e inalterabilidade da información asociada á rastrexabilidade (trazabilidade) e seguridade alimentaria.
MusselBlock é un proxecto financiado polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo (MINCOTUR) a través da convocatoria 2022B de apoio a AEIs que, baixo a coordinación de Clusaga, involucrou na súa execución ás empresas socias de CLUSAGA Perfect Numbers, DOP Mexillón de Galicia, Elige Data, TripleAlpha e Tastelab.
Esta iniciativa recibiu apoio do Fondo de Recuperación NextGenerationEU para a aceleración da transformación dixital, ademais do da convocatoria de apoio a AEIs do MINCOTUR. A preparación da proposta contou con soporte da Oficina Técnica Next Generation Galicia Food, impulsada por CLUSAGA e apoiada pola Xunta de Galicia a través do IGAPE.
O proxecto MusselBlock permite optimizar os procedementos documentais e integrar toda a cadea de valor nunha solución dixital baseada na tecnoloxía de cadea de bloques (blockchain), permitindo a recollida automatizada de datos mediante a sensorización e a aplicación de Intelixencia Artificial para elaborar modelos de análises preditivas.
A tecnoloxía blockchain proporciona seguridade, transparencia, confianza, aforro de custos e accesibilidade. Os seus beneficios repercuten en todos os elos da cadea de valor do mexillón certificado, desde a batea, “permitindo optimizar as condicións ambientais e operativas; ata o resto dos actores, como depuradoras, cocedeiros, ou centros de transformación e a súa loxística”, informou CLUSAGA, engadindo que esta solución dixital ofrece estimacións de volumes e rendementos futuros; permite anticipar colleitas e decisións de compra; e planificar futuras producións.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?