Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha investigación do CITIC da UDC, premiada por AMETIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha investigación do CITIC da UDC, premiada por AMETIC

S. P.
Publicado: 28/04/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

citic_artigas_premio_ametic.jpgA secretaria de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, Carme Artigas, entregou o Premio I+D+i en IA da Asociación Multisectorial de Empresas de Tecnoloxías da Información, Comunicacións e Electrónica (AMETIC) ao investigador Óscar Fontenla Romero do Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña.
Este premio, que se entregou na sexta edición do encontro AMETIC Artificial Intelligence Summit 2023 celebrada en Madrid, recoñece as mellores prácticas e resultados de investigación, desenvolvemento e innovación no ámbito da Intelixencia Artificial co proxecto de investigación Machine Learning on the Edge desenvolvido na UDC e financiado pola Fundación BBVA.
Ademais de Óscar Fontenla como investigador principal participaron no proxecto Amparo Alonso Betanzos, Bertha Guijarro Berdiñas, Elena Hernández Pereira, Noelia Sánchez Maroño, Beatriz Pérez Sánchez, Verónica Bolón Canedo, Laura Morán Fernández e David Novoa Paradela do Laboratorio de Investigación e Desenvolvemento en Intelixencia Artificial (LIDIA) da UDC.
O proxecto Machine Learning on the Edge ten como obxectivo o deseño e desenvolvemento de novos métodos de aprendizaxe automática que poidan ser adestrados e operados nos dispositivos informáticos dispoñibles nas contornas de computación no borde (edge computing). Segundo reflicte o CITIC este tipo de contornas son cada vez máis comúns, especialmente no ámbito do Internet das Cousas (Internet of Things, IoT). Ademais, engade o centro, “este paradigma de aprendizaxe permite o desenvolvemento de novos modelos de Intelixencia Artificial que salvagarden a privacidade dos datos, e presentan outras vantaxes adicionais como unha menor latencia, o que os fai máis idóneos en contornas en tempo real, e un menor consumo de enerxía eléctrica para o adestramento do modelo”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?