Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As tecnólogas de atlanTTic tomaron a palabra con motivo do Día das Nenas nas TIC 2023
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As tecnólogas de atlanTTic tomaron a palabra con motivo do Día das Nenas nas TIC 2023

S. P.
Publicado: 02/05/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

dia_das_mulleres_nas_tic_atlanttic.jpgO centro atlanTTic da Universidade de Vigo sumouse ás celebracións do Día Internacional das Nenas nas TIC, que se conmemorou o 27 de abril. Baixo o lema #NenasEnTIC, atlanTTic compartiu o obxectivo fundamental da celebración: acadar que dende a súa nenez as mulleres poidan orientar a súa formación cara a tecnoloxía en igualdade de condicións que os homes.
“Isto non só implicaría contar con máis referentes femininos nas áreas #STEM, senón tamén reducir a fenda salarial de xénero, evitar discriminacións e garantir espazos de traballo máis diversos”, explican dende o centro, que para dar visibilidade á devandita celebración converteu en protagonistas da xornada a catro das súas investigadoras.
Trátase de Yolanda Blanco Fernández, Mónica Fernández Barciela e Silvia García Méndez, que, segundo lembra atlanTTic foron “nenas TIC” e, agora, “son grandes profesionais dentro dos seus ámbitos de especialización”.

Contidos
  • Yolanda Blanco Fernández
  • Mónica Fernández Barciela
  • Silvia García Méndez

Yolanda Blanco Fernández

– Cando eras nena, que querías ser de maior?
– Matemática. Sempre quixen estudar Ciencias Exactas, pero en COU o orientador do meu colexio díxome que a saída natural sería ser profesora de matemáticas. Non me vía nese rol, así que optei por renunciar á miña vocación por fuxir da docencia, razón pola que decidín cambiar as matemáticas por unha enxeñaría. En fin… as voltas que da a vida.
– Que estudaches?
– Enxeñaría de Telecomunicación.
– Cal é o teu traballo actualmente?
– Son profesora titular de universidade, e compaxino a docencia na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (EET) coa investigación en atlanTTic. Ademais, asumo tarefas de xestión nas dúas entidades, coordinando un dos módulos do Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación (GETT) e ocupando a subdirección do Centro, pola outra.
– En que consiste a túa xornada de traballo?
– Na miña faceta como docente imparto clases, atendo titorías, organizo a docencia da semana seguinte, corrixo probas de avaliación continua, seguimento do progreso dos TFG que titorizo actualmente. Como investigadora, avanzo nas contribucións dos proxectos actualmente en marcha, redacción de artigos de investigación, preparación de solicitudes en convocatorias de proxectos afíns ás miñas liñas de investigación. E na xestión céntrome na asistencia a reunións de coordinación do GETT, e supervisión do día a día nos departamentos que dependen directamente da subdirección do Centro.

Mónica Fernández Barciela

– Que querías ser de maior cando eras nena?
– Quería ser física e traballar en astrofísica, física de partículas, foguetes espaciais… Apaixonábame a ciencia e a tecnoloxía.
– Que estudaches?
– Ciencias Físicas, especialidade de electrónica. Logo doutoreime en Enxeñaría de Telecomunicación. Especialiceime en predicir o comportamento eléctrico dos dispositivos activos semicondutores, para deseñar circuítos de alta frecuencia como os que permiten comunicarse aos smartphones.
– Cal é o teu traballo actualmente?
– Son profesora titular na Universidade de Vigo (imparto docencia na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación) e investigadora de atlanTTic.
– En que consiste a túa xornada de traballo?
– Dou algunhas horas de clase a alumnado de Grao e Máster, oriento aos meus alumnos e alumnas de TFM, TFG e doutorado, tomo un café cos meus compañeiros, realizo medidas no laboratorio ou leo/escribo artigos científicos e fago tarefas de xestión relacionadas cos proxectos de investigación ou a docencia. En ocasións, vou a congresos científicos. A verdade é que me encanta o meu traballo!

Silvia García Méndez

– Que querías ser de maior cando eras nena?
– Física.
– Que estudaches?
– Grao e Máster de Telecomunicación na Universidade de Vigo.
– Cal é o teu traballo actualmente?
– Investigadora Postdoutoral da Xunta de Galicia. Colaboro co Instituto Superior de Engenharia do Porto (ISEP) na creación de solucións de aprendizaxe máquina para detectar bots maliciosos e contido de tipo spam nas redes sociais co obxectivo de combater a desinformación.
– En que consiste a túa xornada de traballo?
– Escribir artigos sobre as investigacións que estamos a levar a cabo dentro do eido da Intelixencia Artificial e xestionar os proxectos de investigación con outros grupos, como o anteriormente mencionado ISEP e o grupo Underisk da Universidade de Santiago de Compostela. Ó anterior súmase a xestión de proxectos de transferencia dos nosos resultados de investigación a empresas como Ancora Mobile, CoinScrap Finance e EDNON.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?