Este martes 2 de maio e mañá 3 de maio, a Facultade de Dereito da Universidade da Coruña (UDC) recibe a visita dunha académica globalmente recoñecida no eido da aplicación da Intelixencia Artificial (IA) ao campo da xustiza e máis polo miúdo da xustiza penal. A profesora Kelly Hannah-Moffat é catedrática de Criminoloxía e Estudos Socio-Xurídicos da Universidade de Toronto (Canadá) e vicerreitora de Recursos Humanos, Igualdade e Cultura da mesma institución, que é a terceira mellor universidade pública do mundo.
A profesora Hannah-Moffat participará en actividades académicas organizadas en colaboración entre o Máster Universitario de Dereito Dixital e da Intelixencia Artificial da UDC e o grupo de investigación ECRIM.
Indo ao miolo destes encontros con Hannah-Moffat, a académica dará as seguintes conferencias:
Dereito da UDC convida a unha experta canadense en IA aplicada á xustiza penal
Compartir Este Artigo

