Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: CRUE lanza a 3ª edición do concurso #HiloTesis, que estrea premios con dotación económica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

CRUE lanza a 3ª edición do concurso #HiloTesis, que estrea premios con dotación económica

S. P.
Publicado: 03/05/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

crue_hilotesis.jpgPor terceiro ano, CRUE Universidades Españolas, en colaboración coa Red de Divulgación e Cultura Científica (RedDivulga) da sectorial Crue I+D+i, lanza unha nova edición do concurso Tu tesis doctoral en un hilo de Twitter: HiloTesis, co obxectivo de promover o desenvolvemento de habilidades de comunicación e divulgación científica entre o alumnado de doutoramento e recentes doutores e doutoras das universidades que forman parte da CRUE (entre as que se atopan as tres galegas: a UVigo, a USC e a UDC). As e os participantes deberán explicar a súa tese de doutoramento nun fío de 20 chíos como máximo, “empregando unha linguaxe sinxela, accesible e atractiva”.
Por vez primeira, os tres premios contarán cunha dotación económica de 1.000 euros, cada un, financiados pola Fundación Larramendi. Na presentación do concurso o presidente da CRUE, Julián Garde salientou esta iniciativa “como unha oportunidade para que os doutores e doutoras novas dean a coñecer as súas investigacións á sociedade a través desta rede social”. Pola súa banda, a vicepresidenta da Fundación Larramendi, Carmen Hernando de Larramendi, destacou que esta “é unha oportunidade de colaboración moi grata, xa que se aliña cun dos obxectivos da Fundación definidos polo seu fundador en 1986”.
Na pasada edición do concurso participaron máis de 300 persoas, procedentes de 47 universidades, xerándose máis de 500 millóns de impresións en Twitter, grazas á publicación de máis de 700 fíos.
Como participar
Ata o 7 de maio poderán publicarse o rexistrarse os fíos de Twitter e o persoal investigador en formación participante, deberá, unha vez publicado o fío, inscribirse e facilitar a ligazón ao seu fío a través dun formulario. O primeiro chío (tuit) do fío deberá citar ou etiquetar nunha imaxe a @RedDivulga,@filrramendi e á conta de Twitter da universidade participante ou, no seu caso, a súa UCC+i, e rematar con <>.
Unha vez recibidos os fíos das e dos participantes a través do formulario, a organización do concurso remitiraos á persoa de contacto de cada universidade, que elixirá, nun prazo de dez días naturais tras a finalización do concurso, un fío finalista que será enviado á organización para a súa avaliación polo xurado proposto por RedDivulga. O xurado estará integrado por, cando menos cinco membros, un deles experto en comunicación, e un representante da Fundación Ignacio Larramendi. O fallo será entre o 1 e o 7 de xuño e os gañadores ou gañadoras serán de tres universidades distintas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?