Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Xuventude de Lugo convoca a catro expertos para garantir as navegacións seguras na mocidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Xuventude de Lugo convoca a catro expertos para garantir as navegacións seguras na mocidade

S. P.
Publicado: 03/05/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

adiccionscartel.jpgA Área de Xuventude do Concello de Lugo vai levar a cabo catro conferencias nas que profesionais de diferentes eidos falarán de prevención, sensibilización e as relacións coas novas tecnoloxías. Serán catro especialistas do ámbito nacional que expoñerán distintos contidos relacionados coa prevención das adiccións tecnolóxicas desde diferentes perspectivas. Farano ao abeiro da cuarta edición do ciclo de xornadas Adiccións sen substancia, organizada polo Concello de Lugo no marco do Plan Municipal de Prevención de Drogodependencias.
Este programa está pensado para público xuvenil, profesionais e familias. A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez explicou que estas xornadas volven de novo xa que “consideramos moi importante e necesario e máis nun momento no que esta problemática ten cada vez maior incidencia entre os mozos e adolescentes, o continuar con estas campañas de sensibilización que son fundamentais para previr a aparición de adiccións entre os mozos sobre todo dar o contexto actual de que cando nos referimos a unha adicción non só estamos a falar xa de adiccións a substancias psicoactivas senón tamén a adicións comportamentais ou psicolóxicas”.
A primeira xornada celebrarase o día 4 de maio no Politécnico de Lugo, ás 18.00 horas, a xornada xirará en torno ao noso comportamento en redes: que son capaces de facernos sentir, se nos produce malestar ou benestar, se nos conectan ou nos desconecta, sendo estas e outras cuestións abordadas nunha sesión reflexiva que estará dirixida por Patricia Gómez, doutora en Psicoloxía que desde 2012 forma parte do grupo de traballo da Unidade de Psicoloxía do Consumidor e Usuario da Universidade de Santiago de Compostela (USC), onde desenvolveu a súa tese titulada O uso problemático da internet e as Novas Tecnoloxías entre vos adolescentes galegos.

Axenda

04
de maio. C.I.F.P. Politécnico de Lugo (18:00 h): Emocións e
redes, e viceversa
(Círculo das Artes).


Relatora:
Patricia Gómez Salgado, doutora en Psicoloxía, Mestrado en Xestión
e Dirección de Centros de Servizos Sociais, Máster en Saúde
Pública e especializada en Educación Emocional.

11
de maio. C.I.F.P. Politécnico de Lugo (18:00 h):
Uso
adecuado e critico das tic: seguridade, privacidade e identidade
dixital
.

Relator:
José Torres Meira, experto universitario en investigación da
ciberdelincuencia, responsable do Equipo de Investigación
Tecnolóxica da Policía Xudicial da Garda Civil de Pontevedra.

18
de maio. Círculo das Artes (19:00 h):
Goce saudable
e prevención do uso abusivo e a adicción a videoxogos
.

Relator:
Jorge Flores Fernández, fundador e director de Pantallas Amigas.
Licenciado en informática pola Universidade de Deusto.

25
de maio. Círculo das Artes (19:00 h):
Mozos, xogos de azar e outras adiccións

Relatora:
Ana Isabel Estévez Gutiérrez, doutora en Psicoloxía e Licenciada
en Psicoloxía, pola Universidade de Deusto.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?