A operadora de orixe galega R informou do remate dos traballos para modernizar os sistemas e servizos de Abanca, que, segundo engadiu a compañía tecnolóxica, conta xa cun sistema de telecomunicacións “cen por cen adaptado ás necesidades, ecosistema e dispersión da súa rede de oficinas na xeografía estatal, presente tamén en Europa e América”. Segundo engade R, a entidade financeira glaega terá garantidas en todas as súas localizacións nacionais e internacionais a calidade dos servizos de última xeración de R, a súa instalación e o soporte técnico.
A operadora tamén destaca que de resultas desta renovación consolídase unha estreita comunicación e un coñecemento mutuo entre os equipos profesionais de R e máis da entidade bancaria, tanto na parte técnica como de dirección.
Segundo José Manuel Valiño, director xeral de IT, Información, Procesos e Operacións de Abanca, “este proxecto ten a súa orixe na cultura de innovación de Abanca e na nosa vocación como organización centrada na prestación de servizos financeiros de alto valor aos nosos clientes a través dun modelo mixto persoal e dixital. Dispor, en alianza con R, dunha infraestrutura de telecomunicacións de vangarda resulta esencial para dar resposta ás crecentes demandas de servizo e reforza a nosa posición como entidade referente no sector en materia de tecnoloxía ”.
Pola súa banda, Isidro Fernández de la Calle, director de Empresas de R, salienta que “a grande importancia que ten esa comunicación tan estreita e fluída entre nós e Abanca dende hai moito tempo. Seguimos a ser socios tecnolóxicos para esta entidade de primeiro nivel en Galicia e fóra do
territorio, que confía en nós tamén para seleccionar conxuntamente as alianzas máis oportunas cos provedores e para cada servizo en cada momento ”.
A maiores, coinciden, a modernización das comunicacións fixas de Abanca coas solucións de R implica “dar resposta neste eido aos obxectivos da entidade bancaria ao ritmo de crecemento do negocio”.
O foco está posto en manter o valor dun servizo de telecomunicacións excelente co que se procura a capacidade de reacción e adaptación aos diferentes fluxos de tráfico de datos da entidade (con tecnoloxías SDWAN e MPLS) segundo a conxuntura en cada momento para garantir a dispoñibilidade dos servizos redundando con dobre e ata tripla conexión o servizo de datos das oficinas bancarias.
R proporciona a Abanca unha tecnoloxía de vangarda a través da súa rede fixa de fibra óptica
Compartir Este Artigo

