Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Premios en Galiciencia a un programa de TV e a un videoxogo sobre aeronáutica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Premios en Galiciencia a un programa de TV e a un videoxogo sobre aeronáutica

S. P.
Publicado: 11/05/2023
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

galiciencia_ganadores_todos.jpgA feira científico-tecnolóxica Galiciencia que se celebra ata este venres 12 no Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) baixo o lema Aeronáutica e Aeroespacial, incluíu na xornada deste xoves a final do Desafío científico Atrévete coa Aeronáutica!, no que durante os últimos meses participou alumnado desde 4º de Primaria a Bacharelato de toda Galicia de xeito online. Foron un total de 521 rapaces e rapazas de 34 centros educativos diferentes.

O equipo Los Dragones
O equipo Los Dragones
O gañador na categoría de Primaria foi o equipo Los Dragones de la Ciencia, integrado por Sara, Mateo e Nehuén, do Colexio Maristas de Ourense. Presentaron un programa de televisión no que unha reporteira entrevistaba a un científico. “Queriamos amosar, de maneira amena e divertida, as preguntas que ao longo destes meses nos fomos facendo en relación á aeronáutica e aeroespacial, aportando información e fotografías do Centro Astronómico da Veiga”.
Na categoría de primeiro a terceiro de Educación Secundaria gañou o equipo Andrómeda, do IES Val Miñor de Telleiras (Pontevedra), formado por Pablo, Brais e Arantxa. Partiron dun videoxogo para amosar a carreira do home por conquistar o espazo, a través do reto marcado entre un humano e un extraterrestre. “Non esperabamos chegar á final, só queriamos divertirnos”, manifestaron todos os membros do equipo.
O equipo Lóxicos e Defusos
O equipo Lóxicos e Defusos
Pola súa parte, na categoría de cuarto de Secundaria a Bacharelato gañou o equipo Lóxicos e Defusos, do IES Isaac Díaz Pardo de Sada (A Coruña). Son Eva, Sara e Roque. Presentaron os diferentes tipos de satélites que existen e as utilidades de cada un como os meteorolóxicos, astronómicos, de comunicación, de navegación… ata os solares e os espías. “Nós tiñamos moitas dúbidas sobre a función dos satélites e pensamos que habería moita xente como nós e por iso decidimos resolver esas dúbidas”.
Obradoiros
gailciencia_aeronautica.jpg O alumnado de Secundaria, Bacharelato e FP está a participar en tres talleres diferentes. Baixo o título Por que son tan diferentes os deseños dos avións?, están a construír modelos dun F-22 Raptor e dun C5-B Galaxy. Empregando ferramentas de enxeñaría, investigan como a forma da súa estrutura axuda a determinar a función dun avión.
No obradoiro A conquista da atmosfera a rapazada coñece como o home tivo que adaptarse a un novo medio cando comezou a voar, saber como respirar, como vencer o frío, como orientarse… A partir de materiais sinxelos “ven” turbulencias como as que se senten a bordo dun avión.
No taller Life jacket is under your seat! o alumnado comproba como ao longo da historia os seres humanos foron adaptando as súas necesidades de movemento á tecnoloxía dispoñible. Descobren que a locomoción e o transporte consumen a maior parte das reservas de enerxía de orixe fósil e como, ante as evidencias do cambio climático, cómpre investigar novas formas de mobilidade, achegándose aos modelos de transporte máis eficaces.
Ademais, a rapazada de Secundaria e Bacharelato que expón os seus proxectos na feira está a participar no taller A aventura de voar, que se desenvolve na Aula Newton Galicia instalada en Tecnópole. O obxectivo é que teñan a oportunidade de descubrir o mundo da navegación aérea utilizando simuladores de voo profesionais.
Espectáculo de ciencia
galiciencia_feira1-2.jpg Na mañá deste xoves 11 celebrouse un novo espectáculo científico. O propósito desta experiencia foi que os máis novos descubrisen que a ciencia pode ser atractiva e divertida para todos, intentando provocar na rapazada unha reflexión sobre a súa importancia. Baixo o título Ata o infinito… e máis aló, amosouse como a historia da aeronáutica é a historia da evolución da tecnoloxía e do coñecemento da humanidade.
O vicepresidente Francisco Conde fará a entrega de premios
A feira remata este venres 12 coa entrega de premios, da man do vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, ás 13:15 h. O primeiro premio está dotado con 1.000 €, o segundo con 500 e o terceiro con 200. Ademais, premiarase a mellor comunicación e presentación oral, o proxecto máis innovador, o proxecto co método científico e proceso de investigación mellor definido, o mellor proxecto da temática Aeronáutica e Aeroespacial e o liderado por unha nena e/ou relacionado con iniciativas que contribúan á igualdade de xénero no contorno da I+D+i. Haberá un premio especial para a mellor proposta na categoría de FP; e galardoarase o proxecto coa mellor valoración popular, elixido entre todos os participantes na modalidade online.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?