Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: APD e o seu encontro trilateral poñen o valor a cultura do dato e a Intelixencia Artificial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

APD e o seu encontro trilateral poñen o valor a cultura do dato e a Intelixencia Artificial

S. P.
Publicado: 12/05/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

encontro_ii_encuentro_trilateral_apd__.jpgA Asociación para o Progreso da Dirección (APD), en colaboración con Abanca e Expense Reduction Analyst celebrou este xoves 11 de maio en Santiago o segundo Encontro Trilateral APD, entre Galicia, Asturias e Castela e León. A apertura do encontro, no que participaron preto dun cento de empresas, realizárona Francisco Botas, presidente da zona noroeste de APD, Eva Rodríguez, presidenta en Asturias de APD e Carlos Moro, presidente en Castela e León de APD. Os tres presidentes incidiron na colaboración para xerar un tecido produtivo resiliente, innovador e sustentable, capaz de xerar riqueza e atraer talento.
ii_encontro_trilateral_apd_.jpg Logo interviñeron o conselleiro de Economía, Francisco Conde, a directora de EsGlobal, Cristina Manzano, e o economista José Manuel González Páramo, que indicou que “a clave na nova contorna xeopolítica actual pasa por investir en resiliencia”. Manzano apuntaba tamén que ”estamos a asistir a unha rexionalización das áreas de comercio”.No segundo panel da mañá, dedicado ao talento, interviñeron Beatriz Escudero, directora executiva de Pharmadus, José González, presidente de Luckia e Antonio Agrasar, presidente da tecnolóxica compostelá Plexus. Os tres coincidían na importancia das persoas como transformadoras das organizacións. Escudero destacou que “hai que dedicar moitísimo tempo a estar coas persoas, a confianza e a autonomía son conceptos claves para achegar valor. E, por suposto, permitir o fracaso: todos nos equivocamos”.
Desde Plexus, Agrasar, profundou no caso da súa organización resaltando que “evolucionamos a nosa forma de tratar ao talento, no noso caso contamos con psicólogos no noso persoal, revisións anuais e flexibilidade: temos case un 90% de teletraballo. Isto crea un significado de pertenza moi complexo”.
ii_encuentro_trilateral_apd.jpgGonzález, de Luckia, apuntaba a importancia de manter unha relación bidireccional cos traballadores: “Hai que dialogar cos equipos e saber se lles estamos ofrecendo o proxecto no que queren estar”.
A tecnoloxía e a mobilidade foi outro dos bloques abordados xunto a Miguel Sagredo, director executivo (CEO) de Grupo Inmapa, Alejandro Díaz, presidente de Grupo Baldajos e Santiago Rey, director executivo de Televés deron o seu punto de vista, moderados por Alejandro Santos, director de Castela e León de APD. Os tres coincidiron na importancia do dato e a IA (Intelixencia Artificial), aínda que tamén apuntaban que non está definido o seu impacto real. Santiago Rey quixo facer fincapé tamén en que “a cultura da empresa é esencial para motivar a innovación dentro dos equipos, con especial atención ás necesidades do cliente e ás novidades externas”.
ii_encontro_trilateral_apd___.jpgPola súa banda, Miguel Sagredo, CEO de Grupo Inmapa, concluía que “a implementación do reinado do dato supuxo superar numerosos retos, por exemplo a contratación de novos perfís, novos medios técnicos, novos espazos de traballo. Tivémonos que poñer as pilas na colaboración interdepartamental da empresa, o que tamén supuxo un cambio cultural dentro da empresa”.
Alejandro Díaz, presidente de Grupo Baldajos tamén reflexionaba sobre a importancia do dato: “A xestión do dato é algo xa fundamental para o noso negocio, e focalizamos na seguridade do mesmo”.
O encontro finalizou cunha mesa sobre o reto da sustentabilidade ambiental e social. Fernando Vázquez, senior partner para España de Expense Reduction Analyst (ERA) moderou este debate xunto a Pedro Ruiz, director executivo de Alma Carraovejas, Carmen Lence, directora executivo de Grupo Leche Río, e Jesús Alonso, director executivo de Idesa.
Carmen Lence quixo incidir na importancia de ser sustentable: “Ser sustentable non nos vai dar máis opcións de compra, pero se non o es, vas na túa contra”. Pola súa banda, o CEO de IDESA, Jesús Alonso apuntou que “temos potencial para converternos nunha primeira potencia en eólica mariña. Nós non temos nin petróleo nin gas, e debemos dar o primeiro paso en aproveitar as enerxías renovables que non só van mellorar a competitivade das empresas, senón toda a sociedade”.
Pedro Ruiz, de Alma Carraovejas, destacaba a filosofía que marca a organización: “Todos os proxectos témolos en municipios do medio rural. Nós queremos que as persoas sintan que forman parte dun proxecto compartido”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?