Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Comisión Europea dá luz verde á compra de Activision Blizzard por parte de Microsoft
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

A Comisión Europea dá luz verde á compra de Activision Blizzard por parte de Microsoft

Marcus Fernández
Publicado: 15/05/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

microsoft-activision_en.jpgA oposición da Autoridade dos Mercados e da Competencia (CMA) do Reino Unido á compra de Activision Blizzard por parte de Microsoft pillou por sorpresa a todo o mundo, especialmente porque despois de meses nos que os principais argumentos contra Microsoft eran o uso da franquía de Call of Duty como elemento para danar á competencia, a autoridade británica argumento que o grande problema para a adquisición era a forza de Microsoft no xogo na nube, omitindo detalles como que falamos dun mercado residual do que deron datos moi imprecisos (especialmente porque non hai xeito de determinar o volume de negocio do xogo na nube de Microsoft, xa que está englobado nun servizo de subscrición que inclúe xogos instalables).
A decisión da CMA está a ser apelada por Microsoft, pero dende a Comisión Europea parecen ser bastante máis razoables, e decidiu autorizar a compra con condicións, que é o escenario que se espera para o resto de territorios nos que están a solicitar a autorización dos reguladores locais.
A Comisión entende que tras a compra de Activision Blizzard sería posible que Microsoft prexudicase á competencia negándose a levar os seus títulos a consolas PlayStation, pero consideran que iso sería nefasto para Microsoft (xa que actualmente véndense 4 PlayStation por cada Xbox, polo que restrinxir prexudicaría principalmente á propia Microsoft); tamén pensan que incluso aínda que Call of Duty non chegase a publicarse para consolas de Sony a compañía nipoa non tería maior problema (especialmente no territorio europeo, onde a franquía non ten tanto peso como no resto do mundo); ven como unha ameaza que no futuro os xogos de Activision puidesen ser exclusivos dos servizos na nube de Microsoft e incluso cren que Microsoft podería chegar a facer que o seu servizo de streaming de xogos funcionase mellor baixo Windows (fortalecendo a súa posición no mercado de sistemas operativos).
Ante esta situación a Comisión Europea considera atinada a oferta de Microsoft de comprometerse durante 10 anos a ofrecer licencias de balde aos consumidores europeos para gozar dos seus xogos en streaming se teñen a licenza correspondente e tamén ofrecen ás compañías de streaming de xogos a posibilidade de ofrecer os títulos de Activision Blizzard para PC e consola. A Comisión cre que estamos ante unha proposta que melloraría significativamente a situación actual, pero pode entenderse que se Microsoft traslada a súa proposta ao resto de mercados podería recibir unha resposta semellante dos reguladores.
Cómpre tamén lembrar que o actual dominio de Microsoft no xogo na nube está provocado polo desinterese de Sony nesa tecnoloxía (pese a ser unha das compañías máis veteranas no streaming de xogos) e o abandono total de Google deste mercado (tras comprobar que Stadia era un mal negocio). Castigar a unha empresa por ser unha das poucas que segue a realizar investimentos nun mercado non parece moi razoable, e suporía un freo para os desenvolvementos futuros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

GTA VI convértese no maior lanzamento da historia de PlayStation

24/11/2026
VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?