Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Imaxina Coruña premiou iniciativas para mellorar a accesibilidade e reducir a contaminación lumínica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Imaxina Coruña premiou iniciativas para mellorar a accesibilidade e reducir a contaminación lumínica

S. P.
Publicado: 15/05/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Premiados na anterior edición de Imaxina
Premiados na anterior edición de Imaxina
A Domus da Coruña acolleu este sábado 13 de maio a fase final da segunda edición do concurso escolar Imaxina Coruña, certame do Concello (a través dos servizos municipais de Educación e Museos Científicos) que pon a proba o talento do alumnado de diversos centros educativos da cidade e a área metropolitana, “contribuíndo á difusión da cultura científica e tecnolóxica”.
coruna_domus_imaxina_2.jpg A rapazada de Secundaria levou a cabo novamente unha investigación por grupos na busca de solucións a problemas reais da sociedade, desta volta arredor da ciencia cidadá, Os IES Urbano Lugrís, IES David Buján, CPE Compañía de María e CPR Esclavas do Sagrado Corazón foron os centros educativos que chegaron á final do certame. O alumnado presentou diversos proxectos, de temática variada, orientados a avaliar a calidade de auga nas fontes, a contaminación lumínica, a medición de CO2 nas aulas, a creación de mapas sonoros da cidade e tamén lembranzas de edificios antigos.
No contexto do desenvolvemento dos seus proxectos, o alumnado participante contou coa colaboración do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), que elaborou unha aplicación para dispositivos móbiles deseñada expresamente para a execución de proxectos de ciencia cidadá no eido escolar.
coruna_domus_imaxina_3.jpgO xurado, integrado por Andrea Cadaveira, codirectora da Open Science Cambre 2022 e directiva de Asociación Xuvenil Xentde100cia; Diego Castro, gañador da Exporecerca Xove e do Water Prize España; María José Malmierca, directora de e-learning do CESGA; José Viñas, creador da Guía de Ciencia Cidadá da Xunta; e Patricia Barciela, directora técnica da Domus, que actuou como secretaria, determinou a listaxe de proxectos premiados:
-Premio á Sustentabilidade: proxecto I-luminados, do CPR Esclavas do Sagrado Corazón. O xurado destacou a importancia de minimizar o impacto dos diferentes tipos de luz sobre os seres vivos e a súa contorna.
-Premio á Innovación: proxecto A que soa a cidade?, do CPR Compañía de María. O xurado valorou a variedade e enfoque no uso de aplicacións móbiles para a recollida e análise de datos.
-Premio ao Compromiso Social: proxecto Coruña dos Coruñeses, do IES Urbano Lugrís. O xurado subliñou a sensibilidade do alumnado pola accesibilidade física e económica a unha enorme diversidade de sitios da provincia da Coruña, asi como a elevada participación cidadá na toma de datos.
As rapazas e rapaces gañadores desta segunda edición de Imaxina Coruña participarán na feira xuvenil Ztzienza Azoka de Bilbao. Neste sentido, o concelleiro de Educación, Jesús Celemín, que tomou parte no acto de entrega de premios celebrado na sala Leonardo da Vinci, animou ao alumnado a seguir avanzando no desenvolvemento das ideas presentadas na Domus.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?