Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Isabel Rodríguez entrega a 51 alumnos do CEIP Rosalía de Castro de Lugo os carnés de ciberexpert@s
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Isabel Rodríguez entrega a 51 alumnos do CEIP Rosalía de Castro de Lugo os carnés de ciberexpert@s

S. P.
Publicado: 15/05/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ceip_rosalia_carnetsciberexperto.jpgA subdelegada do Gobierno en Lugo, Isabel Rodríguez, participou este luns 15 de maio, en Lugo, na entrega dos carnés de ciberexpert@s aos 51 estudantes de 6.º curso de Primaria do CEIP Rosalía de Castro. Acompañada do formador da Policía, Rubén Darío Veiga; e da directora do centro, Loli Castro; incidiu na importancia de traballar entre todos “por unha maior seguridade e tranquilidade dos menores en todas as contornas, achegando unha educación dixital con programas como este de o Ministerio do Interior”.
Isabel Rodríguez felicitou ao alumnado e ao equipo docente por participar nesta actividade formativa impartida por Participación Cidadá da Policía Nacional e fixo fincapé na relevancia de educar aos nenos e nenas no bo uso das TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) e as redes sociais, formando e concienciando sobre a utilización segura da Internet. Así mesmo, a subdelegada subliñou a excelente colaboración entre a comunidade educativa e a Subdelegación do Goberno no desenvolvemento deste tipo de iniciativas, “cunha gran demanda durante todo o curso escolar”.
En total, 320 lucenses de nove colexios da capital da provincia recibiron carnés personalizados que “os acreditan como expertos en seguridade nas redes”, indicou. Para este obxectivo, a rapazada participante recibiu un curso no que aprendeu a detectar os perigos da rede e a usala de forma segura, ademais de realizar un test final de coñecementos. O programa permitiu abordar con expertos da Policía Nacional temas como o ciberacoso, as adiccións dixitais, a suplantación de identidade, o acceso a contidos inapropiados, a xestión da privacidade ou a mediación parental.
Este programa estatal, exclusivo da Policía Nacional, está enmarcado no Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos centros educativos e as súas contornas. Ten como principais obxectivos “sensibilizar e formar aos menores para minimizar os riscos das novas tecnoloxías, familiarizalos no uso de ferramentas que faciliten unha navegación máis segura, concienciar na xestión da privacidade e adquirir habilidades para unha comunicación libre de riscos en redes sociais”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?