Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Coworking CCompostela ofrece as últimas prazas para os cursos gratuítos de maio centrados na dixitalización
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Coworking CCompostela ofrece as últimas prazas para os cursos gratuítos de maio centrados na dixitalización

S. P.
Publicado: 15/05/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

cursos_coworking_ccompostela_dixital.jpgO Coworking Dixital CCompostela, financiado nun 80% polos fondos europeos FEDER que xestiona a Fundación INCYDE e nun 20% pola Deputación provincial da Coruña, ofrece as últimas prazas para capacitación en dixitalización de empresas para o mes de maio. Esta formación, que non implica custo para os usuarios, impartirase na segunda quincena deste mes. Está aberta a empresas (pemes e micropemes) e persoas emprendedoras e autónomas da contorna compostelá, incluída, entre outras, a comarca do Barbanza. Achéganse xa as últimas prazas. Para asistir é imprescindible a inscrición previa na páxina web do Coworking.
Novas metodoloxías
O curso Wapping, unha solución de intelixencia de cliente e fidelización omnicanle,que se celebra o 22 de maio, dará resposta aos grandes retos aos que se enfronta o sector retallista: coñecemento do cliente, fidelización e experiencia de compra personalizada. A través da experiencia da empresa tecnolóxica Wapping, explicarase como a análise da información a gran escala (Big Data) e a mercadotecnia vía móbil (Mobile Marketing) axudan a mellorar a experiencia de compra e incrementan o mantemento no tempo dos clientes e a captación doutros novos.
O 24 de maio será a quenda da formación A proposta de valor no emprendemento tecnolóxico dixital, enfocada en aprender a crear unha proposta de valor diferenciadora que conecte directamente co que necesitan os usuarios co apoio da tecnoloxía. Os participantes practicarán coa metodoloxía de Deseño Intelixente (Design Thinking) e a ferramenta dixital Business Model Canvas.
Pola súa banda, o 30 de maio celebrarase o obradoiro Leva a cabo a túa primeira impresión 3D onde os asistentes experimentarán o proceso completo de deseño e fabricación dunha peza utilizando equipos de impresión 3D. Ademais, analizarán as posibles aplicacións desta tecnoloxía en distintos sectores, xerando unha visión completa das oportunidades que esta tecnoloxía pode ofrecer aos seus proxectos.
cursos_coworking_ccompostela_dixital_2.jpg Profesorado experto
Os profesionais que impartirán a formación teñen ampla experiencia en transformación dixital.
Pablo López é licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade da Coruña. Mestrado executivo en Dirección e Administración de Empresas pola Universidade Pontificia de Comillas ICADE ICAI, mestrado de Asesoramento Fiscal pola CEF, certificado en adestramento profesional (coaching) individual e de equipos coa International Coach Community, e facilitador certificado en metodoloxía LEGO Serious Play. Durante máis de 10 anos creou e xestionou un grupo de empresas de consultoría con máis de 90 persoas.
José Manuel Maseda é enxeñeiro de Tlecomunicacións e co-fundador de Wapping. Conta cunha gran experiencia no sector tecnolóxico en empresas como Gsertel ou Emetel onde exerceu como director comercial, e en R Galicia, integrado no equipo de Marketing de Produto na área da Internet-Datos.
Álvaro Rey Rodríguez é fundador de Makergal 3D, unha empresa galega con case 10 anos de experiencia no sector da impresión 3D. O seu traballo involucra o deseño, modelado, optimización e fabricación, utilizando tecnoloxías de impresión en 3D. Participou nunha investigación e desenvolvemento de novas técnicas e materiais neste eido, así como na identificación de oportunidades de mellora e optimización dos procesos existentes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?