Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A empresa galega Texas Controls crea o primeiro simulador virtual para o aperte controlado no sector eólico
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A empresa galega Texas Controls crea o primeiro simulador virtual para o aperte controlado no sector eólico

S. P.
Publicado: 16/05/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

texas_controls-2.jpgA empresa coruñesa Texas Controls, centrada na enxeñaría especializada en aperte (apriete) e selado industrial con 6 delegacións internacionais e varias filiais locais en Bergondo e Tarragona vén de presentar a primeira experiencia en Realidade Virtual para o aperte controlado na industria eólica.
A experiencia, desenvolvida en Galicia, foi liderada por Texas Controls en colaboración coa empresa Xoia. O desenvolvemento permite simular contornas de traballo de alto risco e difícil acceso e trasládao a unha contorna virtual segura, flexible e autónoma.
Nos traballos nas turbinas eólicas, cada unión é crítica, polo que os traballos deben ser levados a cabo por técnicos con experiencia, competentes e certificados. A isto únese o uso de produtos e técnicas complexas, os riscos asociados á altura ou á altísima presión dos equipos, así como as duras condicións da contorna. Esta tecnoloxía axudará a reducir a brecha entre o coñecemento teórico e a experiencia en campo, ao brindar un ensaio práctico e realista aos traballadores.
Esta é a primeira ferramenta deste tipo en todo o mundo e vai permitir aos técnicos familiarizarse coas ferramentas de aprete e probar o seu traballo nas unións de pernos e porca (tuerca) sen risco de erros ou accidentes.
Frank Fernández, fundador e director executivo de Texas Controls, explica que este desenvolvemento, froito da innovación constante, pretende garantir un maior nivel de cualificación en lugares remotos, dada a importancia, por aspectos de seguridade e calidade, que ao fin e ao cabo dependen do factor humano. “Estamos orgullosos de ser a primeira empresa en desenvolver unha experiencia virtual para o aperte controlado. Este é un importante paso adiante non só para o sector das enerxías renovables senón para toda a industria e sentímonos orgullosos de proporcionar aos traballadores as ferramentas máis avanzadas dispoñibles”.
Até o momento, a iniciativa foi presentada na Feira Wind Europe de Copenhage (25-27 de abril), un dos eventos internacionais máis importantes de Europa centrado na enerxía eólica, pero a intención da compañía é aumentar o investimento en innovación e poder levar a Realidade Virtual a todas as súas delegacións e produtos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?