Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo recunca como gañadora do Torneo LEDU STEM Cátedras Telefónica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo recunca como gañadora do Torneo LEDU STEM Cátedras Telefónica

S. P.
Publicado: 16/05/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Pablo García e Martín Blanco tras recibir o galardón nunha imaxe de Telefónica
Pablo García e Martín Blanco tras recibir o galardón nunha imaxe de Telefónica
Unha vez máis a Universidade de Vigo resultou ser a gañadora do Torneo LEDU STEM Cátedras Telefónica, unha competición de debate académico que este venres 12 de maio celebraba en Madrid a final da súa terceira edición, na que competiron 19 universidades de toda España. Os estudantes de enxeñaría Martín Blanco Prego e Pablo García Salgado, membros da asociación Retórica UVigo, integraban o equipo da Cátedra Telefónica Espacio de Innovación, que se impuxo ao da Cátedra Telefónica Inteligencia en la Red, da Universidad de Sevilla, nunha final na que debateron sobre se a dixitalización é ou non unha aliada da transición verde.
A Blanco e García correspondeulles defender a postura contraria a esta pregunta no evento que tivo lugar no campus de programación da Fundación Telefónica e no que se enfrontaron a Carlos Rangel García e Yasmine Lakouifat Darkaou. Os dous equipos puxeron o foco, desde diferentes perspectivas, na oportunidade que ten Europa de converterse nun referente desa dobre transición coa que construír unha nova economía resiliente, competitiva e sustentable, segundo informou Telefónica.
Tras reivindicar que “os enxeñeiros tamén teñen que saber falar”, os estudantes da UVigo recibiron o seu trofeo de mans de Trinidad Jiménez, directora de Estratexia Global de Asuntos Públicos de Telefónica; Antonio Bengoa, director de Relacións Institucionais de Telefónica España; Natalia Moreno, directora de Relacións Institucionais Global de Telefónica, e Alfonso Rodríguez de Saida, director executivo (CEO) da LEDU. Xunto a un trofeo, producido con cartón sustentable por Smurfit Kappa, Blanco e García recibiron tamén un premio económico de 6000 euros, así como o pase á fase final da Liga Española de Debate Universitario, que na última fin de semana de setembro enfrontará en Córdoba os 16 mellores equipos de España.
O Torneo LEDU-STEM logrou en 2023 un récord de participación, con 19 equipos. Nesta terceira edición, a UVigo logrou alzarse cun trofeo que xa acadara en 2022 a Cátedra Telefónica da Universidade, dirixida polo catedrático José Cidrás, desta volta da man dos alumnos Santiago Janeiro e Guillermo Fernández, quen acadou ademais a distinción ao mellor orador, que xa obtivera na primeira edición. Nela, a UVigo lograra tamén clasificarse para a final, cun equipo que completaba Raquel Fernández.
A LEDU STEM está dirixida ao estudantado das universidades que integran a Rede de Cátedras Telefónica de España, da que forman parte 25 institucións académicas e que ten como obxectivo a análise e identificación da situación e do impacto das tecnoloxías da información e comunicación na sociedade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?