Este venres 26 de maio celebrarase no Centro GaiásTech (de forma presencial e tamén por streamin) unha xornada centrada na tecnoloxía NB-IoT, estándar para as comunicacións sen fíos que ten a capacidade para intercambiar datos de forma eficiente a múltiples dispositivos, recucindo o consumo de enerxía e aumentanado o rango de cobertura en localizacións que non contan con tecnoloxía móbiles convencionais. A xornada IoT e despregamentos masivos grazas á maxia do NB-IoT levarase a cabo en colaboración co Nodo5G da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).
Segundo explican dende a organización, “a IoT está cada día máis presente na nosa vida, tanto no ámbito profesional, como no noso día a día”, e neste ámbito destacan especialmente as posibilidades da tecnoloxía NB-IoT, moi axeitada para as despregaduras masivas de redes de obxectos conectados en moi variados contextos de uso.
A xornada forma parte dunha serie de obradoiros de acceso gratuíto sobre diferentes tecnoloxías, impulsados polo Nodo5G, unha iniciativa para promover e dinamizar o sector mediante actividades de formación e networking para agrupar axentes que poidan requirir ou executar proxectos relacionados coa 5G.
Será impartida por Pedro Luís Pérez Latorre, experto tecnolóxico do departamento de Smart Metering de Telefónica Tech. Tamén é profesor asociado de IoT, IA (Intelixencia Artificial) e tecnoloxías de bloques (Blockchain) en varias universidades e escolas de negocio.
Como despregar redes de obxectos conectados con NB-IoT, ao detalle este venres no GaiásTech
Compartir Este Artigo

