Este venres 26 de maio celebrarase a quinta edición do encontro de confraternidade anual de asociadas/os da AETG (Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia), en colaboración co COETG (Colexio de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia). Será a partir das 13.30 horas, en Allariz (Ourense). Ademais do tradicional xantar de pé no hotel OCA Vila de Allariz, a organización brinda a posibilidade de realizar unha visita guiada polas rúas históricas da vila e o Festival Internacional dos Xardíns de Allariz.
“A idea é que cada ano o evento vaia gañando sona, coa intención de poñer en valor o sentimento de pertenza ao colectivo, de compartir experiencias e proxectos persoais e profesionais”, explican dende a AETG e o COETG, engadindo que “por cuestións de reserva e aforo” é preciso confirmar asistencia a través do formulario habilitado na web da AETG antes do día 23 de maio ás 10:00 horas.
Este venres 26 de maio a AETG celebra o seu encontro anual de confraternidade
Compartir Este Artigo

