Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Premio á Innovación Bibliotecaria distinguirá novamente proxectos de lectura e dixitalización
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Premio á Innovación Bibliotecaria distinguirá novamente proxectos de lectura e dixitalización

S. P.
Publicado: 22/05/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

premio_a_innovacion_bibliotecaria.jpgA Consellería de Cultura e Educación convocou a sexta edición do Premio á Innovación Bibliotecaria, cuxo obxectivo é distinguir os mellores proxectos levados a cabo nas bibliotecas municipais. Valorarase o seu traballo á hora de crear lectores e mantelos no tempo (fidelizalos), así como por “impulsar accións orixinais que contribúan a reforzar as competencias lectoras e dixitais da cidadanía”.
O galardón vai dirixido aos concellos que sexan titulares de bibliotecas ou de axencias de lectura pública integradas na Rede Pública de Bibliotecas de Galicia. Todos eles poderán concorrer cun máximo de dous proxectos ou boas prácticas xa executados e relacionados co fomento da lectura, a aprendizaxe ao longo da vida e a adquisición de competencias dixitais, a posta en funcionamento de novos servizos ou a redefinición dos existentes e a difusión da biblioteca e dos seus servizos.
Establécense dúas categorías, unha para municipios de ata 10.000 habitantes e outra para concellos cunha poboación superior e poden concorrer tanto de xeito individual como agrupado. A participación cidadá, cohesión social e atención á diversidade, a igualdade entre mulleres e homes e a loita contra a violencia de xénero, e, en xeral, a contribución aos obxectivos da Axenda 2030 anteriores son outros dos eidos nos que se poden enmarcar as candidaturas. Os proxectos ou boas prácticas presentados “deberán orientarse a buscar resultados positivos e ser axeitados ao contexto local, ademais de innovadores e sustentables no tempo”, explícase nas bases.
Prazo ata o 15 de xuño
Na valoración das candidaturas, que poden presentarse ata o 15 de xuño, terase en conta “o carácter innovador ou orixinalidade, a implicación da comunidade no deseño ou desenvolvemento, a difusión e repercusión nos medios de comunicación e os beneficios e resultados obtidos, entre outros aspectos”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?