Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SmartPEME afronta a recta final de maio con cinco novos obradoiros TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SmartPEME afronta a recta final de maio con cinco novos obradoiros TIC

S. P.
Publicado: 22/05/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

smartpeme-21aa2a-05113-2.jpgA Deputación de Pontevedra, a través do programa de capacitación tecnolóxica SmartPEME, oferta esta semana (do 22 ao 26 de maio) cinco novas accións formativas, enmarcadas na súa carteira de obradoiros e encamiñadas á transformación dixital das pemes e persoas autónomas da provincia. As accións tratarán temas como o ramsonware e a suplantación de identidade en ciberseguridade, o debuxo 3D con Onshape III – PartStudio III, a fabricación dixital a través de Laminador Cura I, as obrigas fiscais dun establecemento comercial ou o aproveitamento do Instagram nas vivendas turísticas.
Este luns 22 de maio, Manuel Freire, experto en Robótica, programación e impresión 3D, será o encargado de impartir o curso Ciberseguridade, ramsonware e suplantación de identidade. O obxectivo deste obradoiro é dar a coñecer o ransomware, en que consiste e como afecta, así como presentar as múltiples formas de suplantación de identidade e como protexernos das mesmas.
Este martes 23, ás 11 horas, está programado o obradoiro Fabricación dixital. Debuxo 3D con Onshape III – Partstudio III, onde o público asistente verase implicado no proceso de fabricación dixital dun xeito teórico e práctico da man de Manuel Freire, co gallo de ser capaz de deseñar unha peza en 3D.
O mércores 24, na quenda de mañá, Paz Ares, licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais, impartirá o obradoiros Obrigas fiscais dun establecemento comercial no que afondará no sistema tributario español, os tributos, o seu funcionamento e a súa xestión dende a perspectiva dun establecemento comercial. Na quenda da tarde, Patricia Cabaleiro, postgraduada en Turismo, impartirá o taller Como sacarlle partido ao Instagram da miña vivenda turística, a través do cal se proporcionarán os coñecementos precisos para chegar a máis clientes a través desta rede social.
Finalmente o xoves 25 de maio impartirase o obradoiro Fabricación dixital. Laminador cura I, onde Manuel Freire continuará achegando formación mixta para lograr o deseño dunha peza en 3D.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?