Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A startup viguesa Envita, Premio E-Inclusión do CPEIG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A startup viguesa Envita, Premio E-Inclusión do CPEIG

S. P.
Publicado: 23/05/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

De esquerda a dereita, Noelia López, Marta Pena, responsable de Proxectos, Esteban Grandal, CTO, e Sandra Martínez, CMO.
De esquerda a dereita, Noelia López, Marta Pena, responsable de Proxectos, Esteban Grandal, CTO, e Sandra Martínez, CMO.
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) vai conceder o seu Premio E-Inclusión 2023 a Envita, startup viguesa que desenvolve unha plataforma tecnolóxica de solucións dixitais que permite promover o apoderamento das persoas maiores, “poñendo en valor a súa traxectoria de vida e fomentando a súa autonomía”, salienta o colexio, que lembra que o galardón entregarase o marco da Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, o 16 de xuño en Santiago.
A directora executiva (CEO) de Envita, Noelia López Vázquez, explica que a plataforma, creada en 2019, permite ofrecer unha atención integral ás persoas maiores para mellorar a súa calidade de vida, máis alá de calquera posible doenza, centrándose no seu proxecto vital, co obxecto de recompilar a súa traxectoria de vida. “Coñecer para coidar mellor, ese é o propósito da nosa ferramenta, que pretende unha maior humanización no trato destas persoas maiores nos máis de 120 centros de día e residencias nos que estamos actualmente en toda España, ademais de poder implementarse nos propios domicilios”, explica.
Ata o momento, destacan entre os seus clientes Afundación, Lares, Savia, Saraiva e DomusVi beneficiando a máis de 1.000 persoas maiores, profesionais e familias.
Esta ferramenta, pioneira en España, axuda aos profesionais dos centros a mellorar o seu servizo incorporando a historia e o proxecto de vida das persoas maiores, ofrecendo así unha atención personalizada en función dos intereses, desexos e afeccións de cada persoa. “Provocamos un cambio de mirada cara as capacidades e os talentos das persoas, para coñecelos e potencialos e mesmo axudamos creando un espazo de estimulación da memoria. Pero en moitas ocasións, e grazas a axuda indispensable das familias, conseguimos nutrir o contido e crear así a banda sonora dunha vida con imaxes, vídeos, gravacións, datos persoais e experiencias”, asegura Noelia López. Con este engadido de información créase o diario vital, ordenado cronoloxicamente.
Este programa chámase Envita Stories e axuda a incorporar as historias de vida no día a día de todas aquelas organizacións que coidan e apoian proxectos de vida con sentido, como base do bo trato e esencia da atención centrada na persoa. O programa conta con materiais didácticos como a guía persoal, o caderno de notas e inspiración, as caixas da memoria, unha baralla de cartas para conversas interxeracionais e mesmo retratos ilustrados personalizados.
imaxe_do_traballo_de_envita.jpgLibro de Vida, en colaboración con Afundación
Un dos proxectos no que actualmente está involucrada Envita é Historias vividas. Esta iniciativa púxose en marcha hai tres anos en colaboración con Afundación e pretende apoiar e acompañar ás persoas maiores na experiencia de recompilar as súas historias de vida online para posteriormente realizar de forma automática un Libro de Vida para compartir coas persoas importantes, ben sexan familiares ou amigos.
Ademais, a empresa ten en marcha outros proxectos en colaboración con diferentes entidades que acceden á plataforma e ás historias dos seus protagonistas, cerrando xa neste 2023 unha ronda de financiamento de 500.000 euros, liderada pola xestora de investimento de impacto Ship2B, XesGalicia e Vigo Activo, para impulsar a plataforma, abrir novos mercados e potenciar a ferramenta tecnolóxica. Tamén o centro tecnolóxico Gradiant ten en marcha un desenvolvemento con Intelixencia Artificial que aportará ideas de actividades para facer coas persoas maiores.
Envita foi seleccionada como proxecto finalista na sexta edición dos premios da aceleradora Vía Galicia pola súa tecnoloxía avanzada, innovación e orixinalidade. Participa tamén en programas de innovación como InnovaPeme e DeseñaPeme.
O galardón entregarase na XV Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia que se celebrará o 16 de xuño no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago. Noelia López recollerá a distinción no acto de entrega de premios. O evento é un punto de encontro entre os colexiadas/os do CPEIG e un gran número de empresas e profesionais TIC de Galicia, que conta cunha destacada participación de cargos empresariais, institucionais e políticos e é un referente para o sector. A Noite é xa unha gala consolidada onde o Colexio profesional pretende mostrar á sociedade o traballo desenvolvido por enxeñeiras/os en Informática dentro da Sociedade da Información e as iniciativas relacionadas co ámbito das TIC.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?