A Asociación de Empresarios Novos de Ferrolterra, Eume e Ortegal xunto co Concello de Ferrol e en colaboración co Concello de Narón, Cándido Hermida, Gadis e AJE Galicia, celebra este xoves 25 de maio, no Auditorio de Ferrol en Caranza (a partir das 10.30), a IX edición do Minimarket Ferrolterra Emprende en formato de feira. Contarase coa actuación de Víctor Grande.
Trátase dun concurso entre os estudantes de ESO, Bacharelato e FP das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal co cal preténdese fomentar a iniciativa emprendedora, innovadora e transformadora entre os máis novos e que nesta edición volve recuperar a participación de antes da pandemia.
De feito, contarase coa participación de 9 centros educativos e cun total de 34 proxectos nos que
participan aproximadamente 130 estudantes. Cada grupo disporá dun pequeno stand no recinto do evento no que expoñer a proposta de proxecto empresarial con o que concorreron a esta convocatoria.
Os 9 centros participantes son: Cristo Rey Ferrol, IES Canido, Sagrado Corazón, IES Terra de Trasancos, CPI A Xunqueira, IES Catabois, Compañía de María, CPR Plurilingüe Santa Juana e C.I.F.P. Rodolfo Ucha Piñeiro.
O día do evento se abrirán portas para o público en xeral ás 11 horas, sendo entrada libre para todas as persoas interesadas que queiran coñecer de preto cada unha das iniciativas participantes e votar polo proxecto que máis lles guste (un dos premios é a votación popular mediante papeleta).
Na entrega de galardóns, que levarase a cabo arredor das 12:.30h, participará o presidente de AJE Ferrolterra, Luís González Rey, e outras autoridades de entidades patrocinadoras e colaboradoras.
Esta feira é, e palabras de AJE Ferrolterra, “o punto final dun proceso de preparación que se desenvolveu durante todo o curso escolar e que os estudantes tiveron a ocasión de participar nun total de 8 obradoiros en cada cento impartidos por profesionais destinados a desenvolver facultades coma a capacidade de xestión, a autoestima, a creatividade, as habilidades sociais e persoais ou o traballo en equipo”. A iniciativa conta co apoio do Concello de Ferrol, e a colaboración do Concello de Narón, Gadis e Cándido Hermida.
Este xoves celébrase a novena edición da feira Minimarket Ferrolterra Emprende
Compartir Este Artigo

