Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Clúster TIC lidera en Galicia un proxecto europeo de aceleración do emprendemento feminino: The Break
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Clúster TIC lidera en Galicia un proxecto europeo de aceleración do emprendemento feminino: The Break

S. P.
Publicado: 23/05/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

the_break_emprendedoras-europeas-clu_ster-tic-galicia_web.jpgO Clúster TIC Galicia lidera o programa The Break na comunidade autónoma como entidade receptora e impulsora de 16 proxectos de emprendedoras europeas. O obxectivo desta iniciativa, de ámbito nacional, é atraer talento feminino a España doutros países de Europa para crear unha rede de emprendemento e intercambio de experiencias a nivel europeo. Está deseñada pola Escola de Organización Indrustrial (EOI) e promovida pola The Break Alliance, integrada por Impact Hub, Mentors day e Startups.st.
En Galicia, son cinco as organizacións locais adscritas ao programa, PymeOn, Fundación Roberto Rivas, Sende e Anceu coliving, ademais do Clúster TIC. Esta última é a que acolle un maior número de emprendedoras, 16 en total, das máis de 75 que forman parte de The Break a nivel galego. No resto do territorio español, hai 27 entidades seleccionadas e ao redor dun millar de mulleres cunha idea de negocio, MVP ou cunha empresa con menos de cinco anos de vida.
Coa súa participación neste programa, o Clúster TIC Galicia busca posicionarse como entidade impulsora de proxectos tecnolóxicos de emprendemento a nivel europeo e contribuír a reivindicar e mostrar Galicia e o seu talento no ámbito nacional e internacional.
Crear impacto na comunidade
Outra das finalidades da iniciativa é promover o desenvolvemento local e xerar impacto na comunidade receptora. Con este obxectivo, as breakers culminarán o programa de aceleración cunha inmersión en Galicia do 20 de maio ao 13 de xuño.
Durante a súa estadía desenvolverán un reto que consistirá en inspirar ás novas xeracións poñendo en valor as profesións STEM (acrónimo en inglés de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemática) a través de relatorios e actividades en centros educativos de Muxía e Cee. Deste xeito, mediante a súa propia experiencia, visibilizarán algunhas das oportunidades e vantaxes que ofrece o sector tecnolóxico, como traballar en remoto, para contribuír a fixar a poboación no rural.
60 horas de formación e mentoring
O espazo de traballo das emprendedoras participantes será o Coworking do GaiásTech, situado na Cidade da Cultura, a través dun acordo de colaboración entre o Clúster TIC Galicia e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA). Neste centro recibirán máis de 60 horas de formación e sesións de mentoring grupais e personalizadas, segundo as necesidades de cada proxecto e da man de expertos en diferentes áreas de negocio.
Ademais, visitarán distintas empresas socias do Clúster TIC e manterán encontros con varias entidades de emprendemento para coñecer outras iniciativas locais e establecer novas alianzas de negocio.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?