Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Maker Faire Galicia presenta a súa 9ª edición con récord de proxectos, obradoiros e conferencias
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Maker Faire Galicia presenta a súa 9ª edición con récord de proxectos, obradoiros e conferencias

S. P.
Publicado: 24/05/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

galicia_maker_faire_asistentes_xeral_2019.jpgDo 1 ao 4 de xuño celebrarase no Museo do Gaiás a Maker Faire Galicia, a cita de referencia para a comunidade maker galega, estatal e internacional. Nesta ocasión, a organización (Vermis Project co apoio de entidades como o Concello de Santiago ou a Xunta) preparou unha programación que bate récords en proxectos, obradoiros e conferencias.
En total, máis de 70 proxectos e 300 makers, máis de 40 obradoiros e máis de 20 charlas, tanto en liña como presenciais, formarán parte da axenda de actividades, “proporcionando experiencias inesquecibles para toda a comunidade maker”, sinalou a organización, engadindo que a feira contará con tres tipos de sesións.
galicia_faire_robot_maker_2023.jpg O primeiro día, o 1 de xuño, estará dedicado á industria, presentando charlas inspiradoras e coñecementos de expertos en diferentes eidos. Dimitris Petrotos presentará o seu proxecto Laddroller, centrado na mobilidade sen barreiras. A mesa redonda Dilemas éticos na Intelixencia Artificial contará coa participación de Amparo Alonso, Bárbara Román de Nolegaltech e Ana Mª Alonso. Da innovación en biotecnoloxía tamén se falará con Eldara Rodríguez Cobo, responsable de innovación de Nanogap, Alvaro Goyanes, director e co-fundador de FabRx, Patricia Fraga María de DIH DATAlife e Julio Martínez Rumbo, responsable de proxecto do Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga). No eido da enerxía, David Buceta, CTO de NANOGAP, presentará Hysun, unha iniciativa que pretende revolucionar a xeración de hidróxeno renovable. Ademais, haberá un concurso de proxectos e un concerto de plantas que promete ser espectacular.
O 2 de xuño a xornada estará centrada na educación, coa participación de referentes destacados. O mozo maker Samu falará da arte como forma de expresión e comunicación. Eva Cabanelas abordará a importancia da divulgación científica. Esther e Diego, finalistas do Stockholm Junior Water Prize (#SJWP) presentarán o seu proxecto Nunca choveu que non escampara. Amais, contarase coa experiencia de Pablo de Miguel Morales de Autofabricantes, Jorge Sánchez López (Simón), enxeñeiro e co-director do Centro CeLeO, Xoan España, director xeral e Transformación de Amicos e Pablo Vilariño, instrutor de Tiflotecnoloxía e Braille da ONCE, moderados pola xornalista Selina Otero, que guiará a conversa e facilitará o intercambio de coñecementos sobre inclusión e accesibilidade na comunidade argalleira.
galicia_faire_maker-industria.jpg Os dous últimos días, o 3 e o 4 de xuño, estarán abertos a todos os públicos. Durante estes días, os asistentes poderán explorar o mundo dos brazos electrónicos, mergullarse nas páxinas da revista AI-GEN, descubrir a fusión entre arte e tecnoloxía con Rubén Ramos Balsa, afondar na domótica, interactuar co poderoso Chat GPT e marabíllarse coa maxia da impresión 3D.
O sábado día 3 dedicarase unha parte importante da xornada ao emprendemento social, con destacados relatores que abordarán temas fundamentais para promover o emprendemento con impacto social. Destacarase a importancia da inclusión, a sustentabilidade e a innovación neste ámbito. Dirixido por Víctor Grande, guionista e presentador, o acto contará coa participación de Celso Gándara, xerente de Algalia e presidente de Foroesgal; Covadonga Toca, secretaria xeral de Emprego da Xunta de Galicia; Margarita Ardao, directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego da Xunta de Galicia; Pablo de Miguel Morales, de Autofabricantes; Ana Olveira, de Abeluria Coop; Lorena Quintás, de Xogo de Fíos e representantes de destacadas organizacións como Grovemakers, Skeirrum, Ecos do Sur, Despunte e Cogami-Galega Economía Social.
Tamén durante a fin de semana destaca este ano o espazo dedicado aos videoxogos e o Hackathon de Tecnoloxías de Apoio, onde os participantes traballarán en equipo para buscar solucións aos retos propostos por entidades como a ONCE, ASPACE Coruña ou COGAMI Galicia.
A asistencia ao evento é totalmente gratuíta, tanto en liña como nas sesións presenciais de industria e educación, que se celebrarán as mañás dos días 1 e 2 de xuño, respectivamente. As xornadas de portas abertas dos días 3 e 4 de xuño terán un custo de 6€ presenciais, sendo gratuítas para menores de 6 e maiores de 65 anos.
A 9a edición de Maker Faire Galicia celebrarase no Museo do Gaiás e conta co apoio da Xunta de Galicia, o Concello de Santiago, a Fundación Cidade da Cultura, a Asociación para o Progreso da Dirección (APD), o Círculo Financeiro de Galicia e o Club Empresarial Nordés. Ademais, conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía – Ministerio de Ciencia e Innovación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?