Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Conde salienta o traballo tecnolóxico da nosa industria alimentaria a prol dos controis da calidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Conde salienta o traballo tecnolóxico da nosa industria alimentaria a prol dos controis da calidade

S. P.
Publicado: 24/05/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

gain_20230524condeumianfacoemenasa1.jpgEMANASA e ANFACO-CECOPESCA presentaron este mércores 24 de maio en Vigo os resultados da Unidade Mixta de Investigación (UMI) na que colaboran a empresa e o centro tecnolóxico. A iniciativa, que naceu en 2016, contribúe a reforzar a competitividade da industria alimentaria aplicando novas tecnoloxías ao control de calidade. En concreto, baséase na imaxe hiperespectral, que permite coñecer as propiedades físicas e químicas dos alimentos sen contacto con eles.
A colaboración de ANFACO-CECOPESCA con EMENASA nesta UMI conta cunha axuda da Xunta de Galicia (Consellería de Economía) de 1,15 millóns de euros para un investimento total de 3,8 millóns de euros, e implicou a un total de 19 persoas.
Na presentación participou o conselleiro de Economía, Francisco Conde, quen salientou que “esta UMI é un exemplo do potencial que ten Galicia para crear solucións innovadoras que poidan achegar unha maior competitividade ao tecido empresarial”.
gain_20230524condeumianfacoemenasa2.jpg Tal e como apuntou o vicepresidente económico, a través de iniciativas como as Unidades Mixtas de Investigación a comunidade está facendo un importante esforzo por poñer en contacto a investigación dos centros tecnolóxicos e de coñecemento coas demandas da industria e, neste proceso, a colaboración público-privada é fundamental.
Conde enxzalzou así mesmo a importancia de que “a través do coñecemento e a transferencia ao mercado poidamos desenvolver proxectos que permitan xerar pegada industrial en Galicia e a partir de aí diferenciarnos do resto de mercados e do resto de países”.
A través desta Unidade Mixta, que contou coa colaboración de 14 empresas, avanzouse na tecnoloxía con imaxe hiperespectral para contar con sistemas que permitan o control total de cada materia prima nas liñas de procesado da industria, dispoñendo de xeito áxil de información dos parámetros de calidade e seguridade das distintas materias primas. O obxectivo despois de sete anos de traballo é chegar ao mercado coas distintas solucións desenvoltas no proxecto.
Para quen non o saiba, a tecnoloxía hiperespectral permite capturar e procesar un gran número de lonxitudes de onda, diferenciando entre distintos tipos de materiais. Esta tecnoloxía axúdanos a ver máis aló do que ven os nosos ollos, representando información física e química do que estamos a ver en tempo real. Así, permítenos realizar a clasificación dun material sen necesidade de pasar polo laboratorio.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?