Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Aberta a inscrición no novo curso de Big Data para persoas desempregadas na Coruña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Aberta a inscrición no novo curso de Big Data para persoas desempregadas na Coruña

S. P.
Publicado: 25/05/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

oficina_emprego_coruna_.jpgO Concello da Coruña, a través da área municipal de Emprego, abriu o prazo de inscrición nun novo curso de formación gratuíta en Big Data (tecnoloxías da análise da información a gran escala) orientado a persoas desempregadas e promovido ao abeiro do programa Actualízate.
O curso, que comezará o vindeiro luns 29 de maio e terá continuidade ata o 30 de xuño, impartirase nas instalacións do Centro Municipal de Emprego. Terá unha duración de 253 horas e levarase a cabo en horario de 9.00 a 18.00 horas.
Ademais, e como novidade, o Concello convocou un curso de formación en ciberseguridade, que se celebra entre os días 11 de setembro e 13 de outubro. A inscrición neste módulo tamén está habilitada, e xa é posible solicitar praza a través da páxina web de Emprego.
En ambos os casos, tanto para o cuarto curso de formación en Big Data como para a primeira quenda do curso de formación en ciberseguridade, as persoas participantes terán a posibilidade de contar con 12 horas de orientación laboral. Ademais, nas dúas convocatorias consta un compromiso de inserción laboral de seis meses para un mínimo do 25% do alumnado que finalice o programa.
Pódense inscribir todas as persoas residentes no termo municipal da Coruña, en idade de traballar, apuntadas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia, sen necesidade de contar con ningunha formación académica previa. Neste sentido, e co obxectivo de diminuír a fenda de xénero existente nas profesións TIC, polo menos un 35% das prazas ofertadas van destinadas a mulleres.
Os obxectivos do programa Actualízate
Con motivo da “alta demanda de persoas solicitantes nas anteriores convocatorias”, o Concello da Coruña ampliou o abano da oferta formativa dispoñible tanto no eido das ferramentas de análise da información como na protección en liña, co obxectivo de “dar formación a máis persoas desempregadas e facilitar o seu acceso a postos de traballo que dispoñan dunha estratexia de transformación dixital”.
Esta iniciativa é froito do convenio asinado coa UTE Innova Next, SLU e The Valley Digital School SL para o desenvolvemento da formación para o emprego e intermediación no sector da tecnoloxía e a comunicación.
O programa Actualízate, xestionado polo Concello da Coruña, está impulsado por Red.es, entidade adscrita ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a través da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, e cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE). Nos vindeiros meses abrirase a cuarta e última convocatoria do proxecto con 28 novas prazas. Pode solicitarse información a través do Centro Municipal de Emprego e tamén se pode consultar na páxina web do servizo de Emprego.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?