Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Aula CeMIT de Ames achega este verán unha completa formación TIC para pequenos e maiores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Aula CeMIT de Ames achega este verán unha completa formación TIC para pequenos e maiores

S. P.
Publicado: 30/05/2023
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

ames_veran_portada_aula_cemit.jpgA Aula CeMIT de Ames compartiu detalles sobre a súa intensa axenda formativa para este verán, que inclúe cursos pensados para todos os públicos, lúdicos e formativos. Ademais, continuarase ofrecendo o acceso libre á aula, que permanece aberta ao público de luns a venres, dende as 9:30 ata as 13:00 horas; e os martes e xoves tamén dende as 16:30 ata as 19:00 horas. Así mesmo, ofértase atención telefónica e por correo electrónico os luns, mércores e venres, dende as 16:00 ata as 18:30 horas. A partir do 3 de xullo, o horario das aulas será de luns a venres, dende as 8:15 ata as 13:50 horas.
Cursos para menores de idade
Dende o 26 de xuño ata o 24 de xullo celebrarase un curso de informática lúdica para nenos/as de entre 6 e 8 anos. Será os luns, de 10:30 a 12:00 horas. Nel, os pequenos da casa poderán aproveitar para aprender a manexarse co ordenador e os seus programas da forma máis entretida posible: mediante xogos e actividades acostumaranse ao rato e ao teclado, pero tamén a entender o funcionamento básico da computadora.
Entre o 27 de xuño e o 18 de xullo haberá outra formación: Scratch en verán. A ferramenta scratch é unha linguaxe de programación por bloques “moi visual e adecuada para que os rapaces e rapazas comecen a usar a lóxica da informática na programación, dando pé a que se adentren na robótica educativa”, informan dende a organización. Diríxese á rapazada de entre 8 e 12 anos, e desenvolverase os martes de 10:00 a 12:00 horas.
Para os adolescentes de 12 a 16 anos haberá un curso de edición de imaxes, son e vídeo, que se impartirá do 28 de xuño ao 26 de xullo; os mércores, de 10:00 a 12:00 horas. Nel a rapazada aprenderá dende crear editar imaxes ata fotomontaxes, así como a editar audio e montar vídeos. Empregaranse ferramentas como GIMP, Audacity e OpenShot.
Doutra banda, haberá unha formación de introdución á mecanografía. O curso impartirase para dous grupos: un será para rapaces de entre 7 e 10 anos; e o segundo para os de entre 11 e 14 anos. Nel empregarase unha plataforma online coa que o alumnado poderá continuar practicando en calquera momento dende a súa casa. O curso desenvolverase entre o 29 de xuño e o 27 de xullo. Para os cativos/as de entre 7 e 10 anos terá lugar os xoves de 10:00 a 11:00 horas; mentres que para os de entre 11 e 14 anos impartirase de 11:00 a 12:00 horas.
Todos os menores de idade que queiran participar en calquera dos cursos deben estar rexistrados previamente na rede CeMIT. A inscrición pódese facer premendo na ligazón específica habilitada ou de xeito presencial, no primeiro andar da Casa da Cultura de Bertamiráns.
Cursos para adultos
No caso dos adultos, ofértanse dúas formacións. Por un lado, o curso Atopa na rede: busca avanzada en Internet. Desenvolverase dende o 29 de maio ata o 23 de xuño, todos os luns, mércores e venres, de 10:00 a 12:00 horas. As prazas xa están cubertas, aínda que as persoas que o desexen poden anotarse e quedar en lista de espera. Será de xeito presencial.
Por outra banda, ofrécese tamén un curso que se pode realizar dende a casa, a través de Youtube, Crea o teu blog persoal! Celebrarase do 5 ao 28 de xuño, os luns e mércores, de 16:30 a 18:00 horas. Dende a Aula CeMIT enviarase por correo electrónico aos participantes a información necesaria para acceder a cada unha das sesións, así como un breve titorial para descargar e instalar os programas necesarios para o seguimento dos cursos.
“Crea o teu blog persoal!” é un curso centrado na creación dun blog persoal, comezando dende a configuración básica ata opcións de deseño máis avanzadas. Empregarase Blogger como plataforma de exemplo.
A inscrición aos cursos, tanto para adultos como para a rapazada, pódese facer chamando ao número de teléfono 682 373 753, escribindo ao enderezo electrónico cemit.ames@xunta.gal ou presencialmente, nas instalacións da aula (no primeiro andar da Casa da Cultura de Bertamiráns).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?