Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: GAIN colabora coas entidades europeas responsables da seguridade de navegación aérea
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

GAIN colabora coas entidades europeas responsables da seguridade de navegación aérea

S. P.
Publicado: 30/05/2023
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20230530gainkreiosspace.jpgNa xornada deste martes 30 de maio, representantes institucionais e técnicos de Eurocontrol (organización europea para a seguridade da navegación aérea), da Axencia Europea de Seguridade Aérea (European Union Aviation Safety Agency, EASA), e da Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA) reuníanse nunha demostración de casos de uso dos simuladores U-Space do Centro de Investigación Aeroportada de Rozas (CIAR), unha infraestrutura única na contorna europea.
Tamén estivo presente a directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey, quen salientou que “os dous simuladores desenvolvidos por Boeing e Indra permiten situar a Galicia e a España na vangarda do desenvolvemento da tecnoloxía e das operacións seguras con vehículos non tripulados” e puxo en valor que “é o momento de que estas infraestruturas se teñan como referencia a nivel europeo para facer probas complexas e así incentivar o avance do sector e xerar novos mercados para as operacións seguras dos drons”.
20230530gainsimuladores1.jpgDende a Xunta de Galicia convidouse ás entidades europeas responsables da seguridade da navegación aérea a establecer colaboracións para acelerar o desenvolvemento tecnolóxico e regulamentario das operacións con vehículos aéreos non tripulados e así potenciar o desenvolvemento da industria europea no mercado mundial.
Así, os dous simuladores U-Space do CIAR foron desenvolvidos por Boeing e Indra, coa colaboración de 13 empresas, centros tecnolóxicos e entidades, no marco dun contrato de Compra Pública de Innovación financiado polo Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación (CDTI), e fondos europeos FEDER do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020; permiten mellorar a eficacia e seguridade das probas con tecnoloxías de aeronaves non tripuladas, minimizando os riscos na súa introdución e simulando unha ampla variedade de escenarios antes de proceder a realizar as actividades de voos de xeito físico.
20230530gainsimuladores2.jpgAsemade, Patricia Argerey, reuniuse hoxe coas 11 startups que participan na cuarta edición da Business Factory Aero (BFAero) no marco dunha xornada de traballo que se celebrou na Fundación CEL Iniciativas por Lugo baixo o título Innovando para o futuro. Alén disto, a directora da GAIN visitou a empresa Kreios Space que forma parte do itinerario de incubación da 4ª edición da BFAero, de orixe catalán pero que xa despregou boa parte do seu equipo en Galicia e que resultou seleccionada entre as 7 empresas finalistas do Spacetech Startup Competition do South Summit. O seu proxecto empresarial está centrado no desenvolvemento de sistemas de propulsión eléctrica autónoma para satélites que operan en órbitas terrestres moi baixas (VLEO) co obxectivo de reducir custos e aumentar a resolución de imaxes ata 16 veces.
Engadir que dende o 26 de maio e deica o 19 de xullo está aberto o prazo de presentación de propostas para a quinta edición da BFAero, co que a Xunta busca captar 11 novos proxectos de alto impacto do sector aeroespacial e dos vehículos non tripulados. Os proxectos seleccionados beneficiaranse dun completo programa de apoio: mentoría, formación especializada, acceso a infraestruturas, incorporación ao ecosistema do Polo Aeroespacial de Galicia, espazo para desenvolver a súa actividade, acceso a investidores e apoio económico.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?