Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A ETSE (Santiago) e a EPSE (Lugo) acollerán en xuño e xullo un campus tecnolóxico para a rapazada
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A ETSE (Santiago) e a EPSE (Lugo) acollerán en xuño e xullo un campus tecnolóxico para a rapazada

S. P.
Publicado: 31/05/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

tecnoloxias_maker_impresion_3d_usc.jpgA primeira edición do Campus Tecnolóxico celebrarase na Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) do Campus de Santiago de Compostela e na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPSE) do Campus de Lugo durante as semanas do 26 ao 30 de xuño e do 3 ao 7 de xullo. Esta iniciativa pretende “promover o desenvolvemento na cativada de habilidades relacionadas coa linguaxe da programación e as novas tecnoloxías”, en palabras da USC.
Dirixido a nenos/as e mozos/as de entre 6 e 16 anos, contará con obradoiros de drons, domótica, IoT (Internet of Things) con Micro:Bit, obradoiros de robótica con LEGO, Edison e Arduino, de programación de aplicacións móbiles e desenvolvemento de videoxogos ou fabricación dixital con impresoras 3D.
Baixo o lema STEM camp misión a Marte, esta primeira edición formulará unha viaxe ficticia ao planeta vermello. “Todos xuntos descubriremos que a Terra axiña non será habitable e que o planeta vermello podería ser a nosa salvación. Mergullámonos nesta aventura explorando, inventando, construíndo e descubrindo se a vida é posible neste novo fogar”, explican dende a organización que corre a cargo de Play Code Academy.
“Todos os talleres están especialmente pensados para que o alumnado o pase xenial. Adaptados por idades e niveis, descubrirán como utilizar a tecnoloxía para expresarse, construír, colaborar e compartir. Farán novas amizades e aprenderán a linguaxe do futuro: o da programación”, engaden. O horario das actividades desenvolverase de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, cun receso a media mañá. A inscrición pode formalizarse a través da páxina web do Campus Tecnolóxico ata que se esgoten as prazas ou ata quince días antes do inicio da actividade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?