A semana pasada celebrouse na nosa terra o primeiro encontro presencial do International Creative Jam Hackathon, abeirado ao proxecto Rural Youth of Europe, financiando polo programa Cidadáns, Igualdade, Dereitos e Valores da Comisión Europea. Durante o xoves e o venres (25 e 26 de maio) desenvolvéronse unhas xornadas intensivas de descubrimento, aprendizaxe e traballo en equipo, para dar a oportunidade á xuventude de varios países europeos de colaborar entre si con vistas a adoptar solucións innovadoras aos desafíos de sustentabilidade do medio rural na temática de emprendemento.
Coordinado e xestionado pola Cámara de Comercio de Santiago, as xornadas celebráronse no Centro de Emprendemento e Coworking de Vedra. As sesións incluíron obradoiros temáticos (sobre podcast, Intelixencia Artificial, financiamento e xestión para o emprendemento) utilizando ferramentas dixitais para ordenar as propostas e que os participantes sexan quen de defender ante un xurado as ideas e solucións seleccionadas por cada grupo.
O proxecto terá continuidade os días 13, 14, 15 e 16 de xuño. A temática será a innovación e a tecnoloxía, coordinadas as novas sesións pola entidade socia LugOpenFactory. Contarase novamente coa presenza das entidades socias Cámara de Comercio de Santiago, Fundación Galicia Europa, Eurocidade Chaves-Verín, Regiun Tramuntana (Malta) e UAV (Universidade Aurel Vlaicu din Arad – Romanía).
Os encontros do International Creative Jam recalarán en Boiro en novembro, con Amicos como comunidade anfitrioa.
Vedra foi un fervedoiro de innovacións emprendedoras no 1º encontro International Creative Jam
Compartir Este Artigo

