Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ames lanza campaña para fomentar a reciclaxe tecnolóxica e a sustentabilidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ames lanza campaña para fomentar a reciclaxe tecnolóxica e a sustentabilidade

S. P.
Publicado: 01/06/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ames_banco-reciclaxe-electronico.jpgO Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, vén de publicar unha campaña informativa que fomenta os hábitos sustentables de consumo tecnolóxico. Baixo o lema Únete ao movemento da reciclaxe tecnolóxica! pretende dar a coñecer o servizo que ofrece o Banco Municipal de Reciclaxe Electrónica de Ames. Trátase dunha oficina creada en maio de 2022 cuxos obxectivos principais son reducir a fenda dixital para colectivos vulnerables e minorar o lixo electrónico no municipio. O Banco sitúase no antigo centro de saúde do Milladoiro. Para obter máis información sobre o servizo pódese escribir ao enderezo osla@agasol.gal.
Orixes
O Concello lembra que o Banco de Reciclaxe Electrónica naceu no ano 2022 tras a sinatura dun convenio entre o Concello de Ames e a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL). A oficina recolle equipos electrónicos doados por persoas ou institucións que xa non os usan, de xeito que poidan seguir sendo operativos para quen dispoña de menos recursos. En concreto, recóllense computadores portátiles, torres, periféricos (monitor, teclado…) e compoñentes internos (RAM, HDD…). Os equipos son reacondicionados para alongar a súa vida útil e así ofrecer a posibilidade de reutilización aos colectivos en situación de vulnerabilidade. Ata o día de hoxe xa foron moitos os equipos entregados a persoas e colectivos.
Dende a súa creación, organizáronse diversos obradoiros nas súas instalacións, como o de seguridade dixital básica, de reparación e reciclaxe de altofalantes, de instalación de computadores e de robótica.
Agora, a Concellaría de Benestar Social, a través da súa Oficina de Voluntariado, vén de lanzar unha campaña denominada Únete ao movemento da reciclaxe tecnolóxica! para dar a coñecer o servizo entre a veciñanza, e promover tanto a reciclaxe de todos os aparellos electrónicos que non se usen como a solidariedade cos cidadáns con menos recursos que precisen da súa doazón, así como ás organizacións sociais e culturais do Concello de Ames.
A campaña propón a cuestión Sabías que doando todos os aparellos que hai nas casas sen usar a fenda dixital resolveríase?. Así mesmo, convida aos veciños e veciñas do concello e da súa contorna a doar o seu ordenador ao Banco Municipal de Reciclaxe Electrónica de Ames, de forma que se lle dea unha nova vida con software libre, reducindo a piratería.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?