Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Este sábado 3 de xuño temos unha kata de Python na Industriosa (Vigo)
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Este sábado 3 de xuño temos unha kata de Python na Industriosa (Vigo)

S. P.
Publicado: 01/06/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

kata_industriosa_3_de_xuno.jpgEste sábado 3 de xuño, en horario de 11.00 a 12.30 horas, imos ter en Vigo, na sede da Industriosa, unha nova kata de Python. Trátase novamente dun evento con formato informal, aberto a calquera persoa que se anime a participar e compartir unha hora e media de Python, café e/ou té. Inspiradas nos katayunos, dojos e actividades semellantes, as katas da Industriosa teñen un metodoloxía de grupos de entre dúas e tres persoas para resolver un reto de programación, compartir e mellorar as nosas habilidades de Python.
Nestas xeiras de traballo proponse resolver un reto durante 90 minutos, “desenvolvéndoo iterativamente e co obxectivo de aprender novos enfoques do problema”, explican dende a organización, engadindo que para abordar os desafíos botarase man de ferramentas como LeetCode ou Hackerrank.
As edicións das katas anteriores están xa subidas á Rede para ser consultadas por calquera persoa interesada en participar.
“O único que necesitamos é acudir co desexo de compartir e aprender. Non é esencial traer un portátil e tampouco e imprescindible instalar Python xa que traballaremos en recursos online”, engaden dende A Industriosa.
Como dixemos, a participación é gratuíta. Podemos obter máis información ou formalizar o rexistro a través de Meetup.
Trátase dun evento organizado por A Industriosa e coa colaboración de Python Vigo e patrocinado por Xunta de Galicia e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA).
Para quen non o saiba, Python é unha linguaxe de programación amplamente utilizada nas aplicacións web, o desenvolvemento de software, a ciencia de datos e o Machine Learning (ML). Os desenvolvedores utilizan Python porque é eficiente e doado de aprender, ademais de que se pode executar en moitas plataformas diferentes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?