Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Aberta a inscrición das formacións en mercadotecnia en liña e innovación aberta do Coworking Dixital Compostela
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Aberta a inscrición das formacións en mercadotecnia en liña e innovación aberta do Coworking Dixital Compostela

S. P.
Publicado: 02/06/2023
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

formacion_coworking_digital_ccompostela_2.jpgO programa de formación do Coworking Dixital CCompostela organiza os días vindeiros unha serie de actividades capacitadoras nas que abordará os aspectos máis estratéxicos da innovación e a dixitalización para impulsar o crecemento das pemes e emprendedores. As persoas participantes poderán afondar na solución de retos empresariais e en casos prácticos guiadas por metodoloxías baseadas na técnica do Desing Thinking.
Ademais, en diferentes sesións prácticas os participantes darán os seus primeiros pasos no deseño dunha web efectiva e enfocada a dar valor ao negocio, mergullándose nas ferramentas para facer visibles eses negocios nas redes e en planificar campañas dixitais para darlles maior visibilidade.
Para participar neste programa de formacións (presencial e online) é necesaria inscrición na web do Coworking. formacion_coworking_digital_ccompostela.jpg
O programa conta con expertos en cada área que ten unha ampla experiencia.
Lolo Rey é un consultor externo especializado en mercadotecnia dixital, eCommerce, analítica web e estratexia dixital con case 20 anos de experiencia que traballou para empresas como Telefónica, Adobe, Michelin e Nokia, entre outras. Foi director de coworking na Escola de Organización Industrial (EOI) onde asesorou e achegou mentoring a máis de 100 proxectos de emprendedores.
María Sáez Fernández é enxeñeira industrial e especializouse no marketing de buscadores e a visualización en liña, áreas nas que leva máis de 14 anos traballando. Conta cun mestrado en Xestión de Sistemas de Información da Glasgow Caledonian University e colaborou con empresas como Aggreko, onde desempeñou o rol de coordinadora de mercadotecnia en liña, liderando estratexias dixitais.
Pola súa banda, Caty Casal leva máis 15 anos na xestión de subvencións e axudas para impulsar o crecemento das empresas. Fundadora de PEMES Activa desde onde realiza un asesoramento integral e servizos de xestión a pequenas e medianas empresas. Dispón dun profundo coñecemento en diferentes áreas de subvención como emprendemento, investimentos en maquinaria, aforro e eficiencia enerxética, TIC, internacionalización, igualdade e conciliación, entre outras.
Ángeles Gestal é licenciada en CC Económicas e conta con formación en Tecnoloxías de Información (TI) para os negocios, xestión con proxectos áxiles e metodoloxías PMI. Ten máis de 20 anos de experiencia e na actualidade exerce como consultora no ámbito da xestión económica-financeira, a análise de viabilidade de startups e a análise de fontes de financiamento.
Pablo López é licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade da Coruña. É mestrado Executivo en Dirección e Administración de Empresas pola Universidade Pontificia de Comillas ICADE ICAI, mestrado de asesoramento fiscal pola CEF e posúe o certificado en adestramento individual e de equipos coa International Coach Community.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?