Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O servizo CiberEmprego de Érguete atende a máis de 300 persoas durante o ano
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O servizo CiberEmprego de Érguete atende a máis de 300 persoas durante o ano

S. P.
Publicado: 05/06/2023
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

servicio_ciberemprego_erguete.jpgA Fundación Érguete-Integración, con sede principal en Vigo, vén de facer un balance da súa actividade recente en materia de formación tecnolóxica e fomento da empregabilidade a través da capacitación dixital, unha actividade que se materializa dende 2005 a través do seu servizo de CiberEmprego, que facilita o acceso ás TIC a colectivos especialmente desfavorecidos en risco ou situación de exclusión social. O obxectivo é axudalos co proceso de procura de emprego e o aprendizaxe do manexo destas ferramentas. Durante este último ano, atendéronse a 340 persoas participantes.
Dende a entidade, consideran de “gran importancia este recurso”, dado que “na actualidade a maioría das xestións relacionadas co emprego son a través de Internet”.
Nas súas instalación, a entidade pon á disposición das persoas beneficiarias a formación e os recursos necesarios para realizalas.
fundacion_erguete-integracion.jpg Todos os días de luns a venres polas mañás, Fundación Érguete ofrece servizos como o de orientación para a procura activa de emprego a través de Internet (mediante a creación de contas de correo electrónico, elaboración de currículo, cartas de presentación e altas nos portais de emprego, empresas de traballo temporal e asociacións empresariais) e tamén facilita o acceso á Administración Electrónica e apoio á hora da realización de trámites.
Tamén se realizan cursos de formación, a nivel de iniciación, no manexo do computador, programas de ofimática básicos e Internet, así como do teléfono móbil e formación para acceder á Administración Electrónica.
Este servizo colabora con outros programas da entidade para impartir módulos transversais de competencias dixitais básicas e procura de emprego en internet e tamén con outros servizos sociais externos na recepción de persoas beneficiarias.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?